![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e6/Vista_a%25C3%25A9rea_del_Monasterio_de_Santes_Creus.jpg/640px-Vista_a%25C3%25A9rea_del_Monasterio_de_Santes_Creus.jpg&w=640&q=50)
Alt Camp
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Alt Camp (literalmente Alto Campo) é unha comarca da provincia de Tarragona, en Cataluña. A súa capital é Valls, que está no centro da comarca. En 2009 tiña 45.001 habitantes.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | Provincia de Tarragona | ||||
Ámbito funcional territorial | Camp de Tarragona ![]() | ||||
Capital | Valls ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 44.296 (2019) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 538 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
PIB nominal | 1.377.400.000 € (2014) ![]() | ||||
PIB per cápita | 31.100 € (2014) ![]() | ||||
Código territorial IDESCAT | 01 ![]() | ||||
Páxina web | altcamp.cat ![]() |
Pechar
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0f/Serra_de_Miramar%2C_La_Conca_de_Barber%C3%A0.jpg/640px-Serra_de_Miramar%2C_La_Conca_de_Barber%C3%A0.jpg)
A comarca limita ao norte coa Conca de Barberà, ao nordeste con Anoia, ao leste co Alt Penedès e o Baix Penedès, ao sur co Tarragonès e ao oeste co Baix Camp. É unha das tres comarcas nas que quedou dividido o Camp de Tarragona na división comarcal de 1936 proposta por Pau Vila.
O Alt Camp é eminentemente agrícola e a industria está moi concentrada na contorna de Valls, reforzada pola proximidade do complexo petroquímico do Tarragonès.