From Wikipedia, the free encyclopedia
Alytes cisternasii[1] é unha especie de sapo da familia Alytidae (antes Discoglossidae) que é endémico de Portugal e o occidente de España, chegando aos límites de Galicia.[2] Encóntrase tipicamente en hábitats abertos como praderías e bosques abertos de aciñeiras e sobreiras. A perda de hábitat é unha das ameazas para a súa supervivencia.[1]
Crece ata unha lonxitude duns 40 mm, e os machos son máis pequenos que as femias. O seu morro é arredondado e os ollos grandes con pupilas verticais. Teñen pequenas verrugas a miúdo de cor laranxa nas pálpebras superiores. As glándulas paratiroides son relativamente pequenas e o tímpano apreciable. Teñen moitos tubérculos polo corpo e concentracións de verrugas glandulares baixo os brazos, na área das inguas e nos nocellos. As extremidades son bastante curtas. A cor da parte superior é gris amarronada con manchas escuras e as verrugas adoitan ser avermelladas. As partes inferiores non teñen manchas e son brancas agrisadas.[3] Os seus dous tubérculos metatarsianos adoitan utilizarse como carácter distintivo con respecto a Alytes obstetricans (que ten tres xeralmente), pero hai excepcións nesta última especie.
É nativo de Portugal e a parte occidental de España, pero non na parte norte, chegando aos límites de Galicia, e vive a altitudes de ata 1 300 m sobre o nivel do mar. O seu hábitat preferido son as zonas de matogueira de tipo mediterráneo, pasteiros e bosques de aciñeiras (Quercus ilex) e sobreiras (Quercus suber) pouco densos.[1]
O apareamento ten lugar no outono e poñen os ovos en terra. Seguidamente, o macho recolle a masa de ovos e envólvea arredor das súas patas traseiras, e transpórtaas permanentemente ata que os embrións en desenvolvemento están listos para eclosionar. Pode transportar 180 ovos resultantes de catro postas feitas por diferentes femias. O macho deposita os cágados que están eclosionando en corpos de auga axeitados, onde continúan o seu desenvolvemento. A metamorfose ocorre uns catro meses despois cando os cágados miden uns 70 mm de longo.[3] De hábitos crepusculares e nocturnos, ten unha actividade outonal nunha parte importante da súa distribución central e oriental, sendo máis variable nas zonas costeiras e máis ao norte.
A IUCN considera esta especie como "Case ameazada". As principais ameazas ás que se enfronta son a degradación do seu hábitat terrestre, a contaminación e a perda de pozas e lagoas axeitadas para reproducirse, así como a introdución do cangrexo de río americano invasor Procambarus clarkii e de peixes non nativos que depredan os cágados. Tamén está ameazado por unha enfermidade infecciosa fúnxica chamada quitridiomicose.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.