serie de televisión estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
American Crime Story é unha serie de televisión estadounidense antolóxica desenvolvida por Scott Alexander e Larry Karaszewski, que son produtores executivos xunto con Brad Falchuk, Nina Jacobson, Ryan Murphy e Brad Simpson. Dun xeito semellante á serie antolóxica American Horror Story,[1] que tamén é de Murphy e Falchuk, cada tempada preséntase como unha miniserie autoconclusiva, baseándose en diferentes eventos reais sen relación entre as tempadas. Alexander e Karaszewski non continuaron logo do remate da primeira tempada, mais mantivéronse como produtores executivos.[2] A serie estreouse orixinalmente a través da canle por cable estadounidense FX.
Logo de American Crime Story. | |
Formato | Crime e antoloxía |
---|---|
Creado por |
|
Desenvolvido por |
|
Intérpretes |
|
Tema de apertura | Mac Quayle |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 3 |
Episodios | 29 (Lista de episodios) |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) |
|
Cámara | Cámara única |
Duración | 41–66 minutos |
Distribuidor | 20th Television |
Canle de orixe | FX |
Primeiro episodio | 2 de febreiro de 2016 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
http://www.fxnetworks.com/shows/american-crime-story/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
A primeira tempada, subtitulada The People v. O. J. Simpson, presenta o xuízo por asasinato de O. J. Simpson, e baséase no libro de Jeffrey Toobin The Run of His Life: The People v. O. J. Simpson. Estreouse o 2 de febreiro de 2016.[3][4][5] A segunda tempada, subtitulada The Assassination of Gianni Versace, explora o asasinato do deseñador Gianni Versace polo asasino en serie Andrew Cunanan, e baséase no libro de Maureen Orth Vulgar Favors: Andrew Cunanan, Gianni Versace, and the Largest Failed Manhunt in U.S. History. A terceira tempada, chamada Impeachment, relata o escándalo Clinton–Lewinsky, e baséase no libro A Vast Conspiracy: The Real Story of the Sex Scandal That Nearly Brought Down a President. Estreouse o 7 de setembro de 2021.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.