Anatomía
estudo da estrutura e partes dos organismos / From Wikipedia, the free encyclopedia
A anatomía é o estudo da estrutura, situación e relacións das diferentes partes do corpo de animais ou plantas. É unha rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.
Durante séculos, os coñecementos anatómicos baseáronse na observación da disección de plantas e animais. Porén, a compresión adecuada da estrutura implica un coñecemento da función dos organismos vivos. Por conseguinte, a anatomía é case inseparable da fisioloxía, que ás veces recibe o nome de anatomía funcional. A anatomía, que é unha das ciencias básicas da vida, está moi relacionada coa medicina e con outras ramas da bioloxía.
O anatomista é a persoa especializada en anatomía ou que se dedica ao seu estudo.[1]