Anco Marcio (642-617 a.C.) foi o cuarto rei da Roma primitiva, sucesor de Tulo Hostilio e predecesor de Lucio Tarquinio Prisco.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Infotaula de personaAnco Marcio
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Ancus Marcius Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento675 a. C. Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte616 a. C. Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Roma Editar o valor en Wikidata
Rei de Roma (pt) Traducir
640 a. C. – 616 a. C.
 Tulio HostilioLucio Tarquinio Prisco  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico da Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Período de tempoFirst Roman Kingdom (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisNuma Marcius (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  e Pompilia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Pechar
Datos rápidos Reis de Roma, Rei ...
Pechar

Tras a misteriosa morte de Tulio, os romanos elixiron a Anco Marcio, un personaxe pacífico e relixioso, para que os gobernase como novo rei. Era neto de Numa Pompilio e, como o seu avó, apenas estendeu os límites de Roma, loitando tan só en defensa dos territorios romanos cando foi preciso. Foi quen construíu a primeira prisión romana no outeiro do Capitolio.

Durante o seu reinado se fortificou o Xanículo, na ribeira occidental do río Tíber, para así fornecer maior protección á cidade por ese flanco, construíndose tamén a primeira ponte sobre o río. Outras das obras do rei foi a construción do porto romano de Ostia na costa do Tirreno, así como as primeiras factorías de salgado. O tamaño da cidade incrementouse grazas á diplomacia exercida por Anco, que permitiu a unión pacífica de varias aldeas menores en alianza con Roma. Grazas a este método, conseguiu o control dos latinos, realoxándoos no Aventino, e consolidando así a clase plebea de Roma.

Tras 25 anos de reinado morreu posiblemente de morte natural, coma o seu avó, sendo lembrado como un dos grandes pontífices de Roma. Foi o último dos reis latino-sabinos de Roma.

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.