André Charles Boulle
From Wikipedia, the free encyclopedia
André Charles Boulle, nado o 11 de novembro de 1642 en París e finado o 29 de febreiro de 1732 na mesma cidade,[1] foi un ebanista, escultor e decorador francés.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (fr) André-Charles Boulle |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de novembro de 1642 París, Francia |
Morte | 28 de febreiro de 1732 (89 anos) París, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura e joinery (en) |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | escultor , ebanista , pintor , deseñador , marqueteur (en) |
Período de actividade | 1666 - 1732 |
Profesores | Pierre Gole (pt) |
Alumnos | Jean-François Oeben (pt) |
Lingua | Lingua francesa |
Familia | |
Fillos | Charles-Joseph Boulle (pt) , Pierre-Benoit Boulle (pt) , Jean-Philippe Boulle (en) , André-Charles Boulle (II) (pt) |
Pechar
Le joailler du meuble (o "xoieiro de mobles"),[2] converteuse nun dos ebanistas preeminentes no campo da marquetaría,[3][4] tamén chamada incrustación. Boulle foi "o máis notable de todos os ebanistas franceses".[5] Jean Baptiste Colbert recomendouno a Lois XIV de Francia, como "o artesán máis hábil da súa profesión". Ao longo dos séculos transcorridos desde a súa morte, o seu nome e o da súa familia relacionáronse coa arte que perfeccionou, a incrustación de sapoconcho, latón e peltre en ébano.