
Francia
país europeo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Francia ( pronunciación (axuda · info)) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI),
escoitar), oficialmente República Francesa (
pronunciación (axuda · info)) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.[1]
República Francesa | |||
---|---|---|---|
République française | |||
| |||
| |||
![]() | |||
Lema: Liberté, Égalité, Fraternité (en galego: Liberdade, Igualdade, Fraternidade) | |||
Capital • Poboación | París 2 249 975 (2011) | ||
Cidade máis poboada | París | ||
• Poboación | Zona urbana: 11 174 743 | ||
Linguas oficiais | Francés 1 | ||
Forma de goberno | República | ||
Emmanuel Macron Élisabeth Borne | |||
Superficie | Posto 40º | ||
• Total | 675 417 2 km² | ||
• % auga | 0,26 | ||
Fronteiras | 2889 km | ||
Costas | 5500 km | ||
Poboación | Posto 20º | ||
• Total (2011 3) | 64 933 400 hab. | ||
• Densidade | 95,9 hab./km² | ||
PIB (nominal) | Posto 6º | ||
• Total (2007) | 2 515 241 millóns USD | ||
• per cápita | 40 782 USD | ||
PIB (PPA) | Posto 7º | ||
• Total (2006) | 1,9 billóns USD | ||
• per cápita | 29 203 USD | ||
Moeda | Euro4 (€, EUR ) | ||
IDH (2005) | 0,952 (10º) – Moi alto | ||
Xentilicio | Francés, francesa | ||
Fuso horario | CET (UTC+1)5 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .fr | ||
Prefixo telefónico | +33 | ||
Prefixo radiofónico | FAA-FZZ, HWA-HYZ, THA-THZ, TKA-TKZ, TMA-TMZ, TOA-TQZ, TVA-TXZ | ||
Código ISO | 250 / FRA / FR | ||
Membro de: UE, OTAN, ONU, OSCE, OCDE, G-8, OIF, UL. | |||
1 Fálanse varios idiomas rexionais. 2 Dos cales 551.098 km² corresponden á Francia metropolitana, isto é, europea (cifras do Instituto Xeográfico Nacional Francés) 3 Dos cales, 61 875 822 na Francia metropolitana. 4 Toda a República Francesa salvo os territorios de ultramar no Océano Pacífico, onde se emprega o franco CFP (XPF). 5 Só a Francia metropolitana. | |||
Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km). O seu territorio insular europeo, comprende a Illa de Córsega, no Mediterráneo occidental, e diversos arquipélagos costeiros no Atlántico. En América, son territorio de Francia a Güiana francesa, que limita co Brasil (673 km), a maior fronteira do país cos seus países veciños, Suriname (510 km), e as illas e arquipélagos de Martinica, Guadalupe, Saint-Barthélemy, San Martiño (que limita coas Antillas Neerlandesas) e de Saint-Pierre-et-Miquelon. No océano Índico, son francesas as illas de Mayotte e de Reunión, así como os arquipélagos de Polinesia francesa e de Nova Caledonia, estes no océano Pacífico. Son territorios de Francia deshabitados o atol de Illa Clipperton, no Pacífico Oriental, e as denominadas Terras Austrais e Antárticas Francesas.
Francia é un país altamente desenvolvido económica e socialmente, influente no plano xeopolítico. A súa economía é do tipo capitalista cunha intervención estatal significativa dende o fin da segunda guerra mundial. Non obstante, dende mediados dos anos 1980, reformas sucesivas arrastraron unha liberación progresiva do Estado de varias empresas públicas. É a sexta economía mundial en termos de PIB, membro do G8, da Zona Euro e do Espazo Schengen, e sede de numerosas multinacionais de primeira orde, líderes en diversos segmentos da industria e do sector primario, e é o primeiro destino turístico mundial, con máis de 75 millóns de visitantes estranxeiros anuais.[2]
Francia, fogar da primeira Declaración dos dereitos do home e do cidadán, é membro fundador das Nacións Unidas, do Consello de Europa, un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas[3] e sede da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e da UNESCO. É tamén unha das oito potencias nucleares recoñecidas[4] e membro da OTAN.
Francia é un país cunha elevada difusión internacional da súa cultura. Dende o século XV, participando nas exploracións marítimas, e a continuación como potencia colonial, a súa cultura e civilización atópase difundida por países de todo o mundo agrupados na organización da Francofonía. O idioma francés é unha das linguas con maior influencia, tradicionalmente empregada como lingua da diplomacia e relacións internacionais, que xunto con outras 77 linguas rexionais, conforma o patrimonio lingüístico de Francia. Francia é membro da Unión Latina.
Francia foi formada polas artes e a filosofía. Berce da Ilustración, influíu nas revolucións americanas, despois a Revolución francesa deu o arranque e o exemplo democrático no mundo enteiro, desenvolvendo valores de liberdade, de igualdade, de fraternidade e, dende 1905, de laicismo.