From Wikipedia, the free encyclopedia
André Martinet, nado en Saint-Alban-des-Villards o 12 de abril de 1908 e finado en Châtenay-Malabry o 16 de xullo de 1999, foi un lingüista francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1908 Saint-Alban-des-Villards, Francia |
Morte | 16 de xullo de 1999 (91 anos) Châtenay-Malabry, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | Sorbona Universidade Humboldt de Berlín |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística diacrónica e fonoloxía |
Ocupación | profesor universitario (1955–), lingüista |
Empregador | École pratique des hautes études Universidade de Columbia Universidade de París |
Membro de | |
Profesores | Antoine Meillet e Fernand Mossé (pt) |
Alumnos | Andrey Zaliznyak (en) |
Lingua | Lingua francesa e lingua inglesa |
Obra | |
Doutorando | Henriette Walter, Andrey Zaliznyak (en) , Jacqueline de La Fontinelle, Alain Bentolila (pt) , Aziza Boucherit (en) , Claude Hagège, Pierre Encrevé (pt) , Louis-Jean Calvet (pt) e Jean Mariotti (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Jeanne Martinet |
Premios
| |
Catedrático de inglés, sostén en 1937 as súas dúas teses doutorais: A xeminación consonántica de orixe expresiva nas linguas xermánicas e A fonoloxía da palabra en danés.
De 1938 a 1946, é director de estudos na École pratique des hautes études. A continuación dirixe a International Auxiliary Language Association en Nova York (1946-1948), onde contribúe á elaboración da interlingua. Ensina na Universidade de Columbia, onde é nomeado director do departamento de lingüística (1947-1955) e chega a ser director da revista Word.
En 1955 volve ao seu posto na École pratique des hautes études e ocupa a cátedra de lingüística xeral na Sorbona, e logo na Universidade de París V. É presidente da Sociedade Europea de Lingüística (1966-1999), funda a Sociedade de Lingüística Funcional e a revista La Linguistique.
Influenciado pola Escola de Praga, inaugura a visión funcionalista da sintaxe (Langue et Fonction, 1962). É o autor dunha vintena de obras importantes en lingüística diacrónica (Économie des changements phonétiques, 1955) e en lingüística xeral. A súa obra máis coñecida, Éléments de linguistique générale (1960) foi traducida a 17 linguas e ten influenciado a toda unha xeración de lingüistas en todo o mundo. É tamén autor de: Syntaxe générale (1985), Fonction et dynamique des langues (1989). Ten deixado unha autobiografía intelectual: Mémoires d'un linguiste, vivre les langues (1993).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.