historiador galego From Wikipedia, the free encyclopedia
André Pena Graña, nado en Ferrol en 1955, é un historiador contemporáneo galego especializado en procesos históricos de longa duración e investigacións sobre a civilización celta.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 (68/69 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | historiador , arqueólogo , arquiveiro |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Criouse en Menorca dos 7 aos 14 anos, logo volveu a Ferrol.[1] Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela, desde 1987 traballa como historiador, arqueólogo e arquiveiro do concello de Narón. Isto permitiulle realizar o estudo, factográfico, inter e multidisciplinar, de longa duración, antes, durante, e logo da dominación romana dunha comarca: "A Terra de Trasancos".
Foi secretario de organización de tres congresos internacionais Os Celtas da Europa Atlántica I,[2] II, III [3]; e, tamén secretario de organización do I Congreso del Instituto de Estudios Celtas Etnoarqueologia de los Celtas en Hispania;. Pena Graña é o actual decano do Instituto Galego de Estudos Célticos.[4] Activo defensor da civilización celta, de Galicia como berce dos celtas da Europa atlántica, restaurou, con base epistémica, os estudos celtas eliminados en Galicia trala guerra civil.
A súa aproximación con metodoloxía inter e multidiscipliar á arqueoloxía e á etnografía, creou un novo método que permite identificar institucións na prehistoria, unha nova rama da arqueoloxía, que vén enriquecer as xa existentes, desenvolvida na súa tese doutoral[5] Treba e Territorium, chamada por Venceslás Kruta "Arqueoloxía Institucional".
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.