2002 (MMII ) foi un ano común comezado en martes , e rematado en martes, segundo o calendario gregoriano .
Datos rápidos Calendario gregoriano, Ab urbe condita ...
Pechar
Mark Shuttleworth na Estación Espacial Internacional .
Timor-Leste
20 de maio - Timor-Leste tórnase un estado independente.
26 de maio - A sonda espacial Mars Odyssey atopa evidencia da existencia de depósitos de xeo en Marte
agosto - Europa Central vese afectada por inundacións.
19 de agosto - Abu Nidal , terrorista internacional , é atopado morto por bala en Bagdad .
10 de setembro - Suíza , país coñecido pola súa neutralidade, entra nas Nacións Unidas .
12 de setembro - George W. Bush esixe que as Nacións Unidas se enfronten a Iraq , a quen acusa de patrocinar o terrorismo internacional, ou que se lle permita a el actuar.
2 de outubro - O Congreso dos Estados Unidos autoriza ao presidente dos Estados Unidos a utilizar a forza contra Iraq .
12 de outubro - Atentados terroristas en dúas discotecas en Kuta , Balí , que causan 202 mortes e danos a máis de 300 persoas.
16 de outubro - George W. Bush asina a Resolución de Guerra contra Iraq.
27 de outubro - Luiz Inácio Lula da Silva , do Partido dos Trabalhadores é elixido presidente do Brasil por maioría absoluta .
13 de novembro - Accidente do petroleiro Prestige ante as costas galegas. Afunde o día 19 ocasionando unha enorme marea negra .
25 de novembro - Saparmurat Niyazov , presidente de Turkmenistán sofre un intento de asasinato.
1 de decembro - Unhas 200 000 persoas maniféstanse en Santiago de Compostela , convocadas polo movemento Nunca Máis , para esixir dignidade e dimisións pola incompetencia dos gobernos galego e español na catástrofe do Prestige .
27 de decembro - A sede do goberno pro-moscovita de Chechenia é destruída nun ataque suicida.
Estatua de Cela en Padrón .
17 de xaneiro - Camilo José Cela , escritor natural de Iria Flavia e Premio Nobel de Literatura (n. 1916 )
23 de xaneiro - Pierre Bourdieu , sociólogo francés (n. 1930 )
6 de febreiro - Max Perutz , biólogo austríaco, Premio Nobel (n. 1914 )
9 de febreiro - Margarida do Reino Unido , irmá da soberana Isabel II (n. 1930 )
22 de febreiro - Jonas Savimbi , líder rebelde angolano (n. 1934 )
26 de febreiro - Lawrence Tierney , actor americano (n. 1919 )
9 de marzo - Carlos Casares , escritor galego.
11 de marzo - James Tobin , economista estadounidense, Premio Nobel de Economía (n. 1918 )
13 de marzo - Hans-Georg Gadamer , filósofo alemán.
16 de marzo - Antonio Rivera Losada , escritor e xornalista galego (n. 1920).
24 de marzo - César Milstein , científico arxentino, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1927 )
27 de marzo - Dudley Moore , actor e pianista británico (n. 1935 ).
27 de marzo - Billy Wilder , cineasta estadounidense (n. 1906 ).
18 de abril - Thor Heyerdahl , explorador noruegués (n. 1914 ).
5 de maio - Hugo Bánzer Suárez , presidente de Bolivia (n. 1926 ).
6 de maio - Pim Fortuyn , político holandés (n. 1948 ).
19 de maio - John Gorton , primeiro ministro de Australia (n. 1911 ).
20 de maio - Stephen Jay Gould , paleontólogo estadounidense (n. 1941 ).
21 de maio - Niki de Saint Phalle , artista francesa (n. 1930 ).
25 de maio - Eloy Terrón Abad , filósofo español (n. 1919).
4 de xuño - Fernando Belaúnde Terry , presidente do Perú (n. 1912 ).
5 de xuño - Dee Dee Ramone , baixista estadounidense (The Ramones ) (n. 1952 ).
24 de xuño - Pierre Werner , primeiro ministro de Luxemburgo (n. 1913 ).
2 de xullo - Antoine-Roger Bolamba , escritor e xornalista congolés (n. 1913 ).
9 de xullo - Rod Steiger , actor estadounidense (n. 1925 ).
14 de xullo - Joaquín Balaguer , expresidente de República Dominicana (n. 1906 ).
16 de agosto - Abu Nidal , terrorista palestino (n. 1937 ).
31 de agosto - Lionel Hampton , músico estadounidense (n. 1908 ).
31 de agosto - George Porter , químico británico, Premio Nobel (n. 1920 ).
11 de setembro - Roberto Vidal Bolaño , dramaturgo galego (n. 1950 ).
19 de setembro - Robert Gueï , xefe militar da Costa do Marfil (n. 1941 ).
24 de setembro - Basilio Calvar Solla , guerrilleiro antifranquista galego (n. 1911).
12 de outubro - Ray Conniff , músico e mestre estadounidense (n. 1916 ).
17 de novembro - Abba Eban , político e diplomático israelí (n. 1915 ).
23 de novembro - Xoán González Millán , estudoso e crítico literario galego.
Este ano foi declarado Ano Internacional Gaudí .
Historia ano a ano