From Wikipedia, the free encyclopedia
Andrew Carnegie (|kɑːrˈneɪɡi| ou comunmente |ˈkɑːrnəɡi| ou |kɑrˈnɛɡi|), nado en Dumfernline o 25 de novembro de 1835 e finado en Lenox (Massachusetts o 11 de agosto de 1919, foi un industrial, magnate e filántropo escocés-estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de novembro de 1835 Dunfermline (pt) |
Morte | 11 de agosto de 1919 (83 anos) Lenox, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | broncopneumonía |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Sleepy Hollow |
Reitor Universidade de Aberdeen | |
1911 – 1914 ← Herbert Henry Asquith – Winston Churchill → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Presbiterianismo (pt) |
Actividade | |
Ocupación | filántropo , comerciante , emprendedor , escritor , industrial , magnate , economista , fabricante |
Partido político | Partido Republicano |
Membro de | |
Movemento | Patriotismo, Filantropía e não-ntervencionismo (pt) |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Louise Whitfield Carnegie |
Fillos | Margaret Carnegie Miller (en) |
Pais | William Carnegie (en) e Margaret Morrison Carnegie (en) |
Irmáns | Thomas M. Carnegie (en) |
Parentes | George Lauder (en) (tío) George Lauder (en) (curmán entregue) |
Premios | |
Carnegie liderou a expansión da industria do aceiro estadounidense a finais do século XIX e adoita ser identificado como unha das persoas máis ricas da historia.[1] Converteuse tamén no gran filántropo dos Estados Unidos e do imperio británico. Durante os últimos 18 anos da súa vida, entregou arredor de 350 millóns de dólares á caridade, fundacións e universidades, case o 90 por cento da súa fortuna.[2] O seu artigo de 1889 proclamando o "Evanxeo da Riqueza" chamou aos ricos a usar a súa riqueza para mellorar a sociedade e estimulou unha vaga de filantropía.
Carnegie naceu en Dunfermline, Escocia, e emigrou aos Estados Unidos cos seus pais en 1848. Carnegie comezou a traballar como telegrafista e na década de 1860 investira en ferrocarrís, vagóns liteira e guindastres derrick. Acumulou aínda máis riquezas como vendedor de bonos, incrementando os cartos para as empresas estadounidenses en Europa. Creou a Carnegie Steel Company en Pittsburgh, que vendeu a J. P. Morgan en 1901 por 303 450 000 dólares[3] e se converteu na U.S. Steel Corporation. Tras vender Carnegie Steel, superou a John D. Rockefeller como o estadounidense máis rico nos dous anos seguintes.
Carnegie dedicou o resto da súa vida á filantropía a grande escala, con énfase especial na biblioteca local, na paz mundial, na educación e na investigación científica. Coa súa fortuna lograda cos negocios, construíu o Carnegie Hall de Nova York e o Peace Palace e fundou Carnegie Corporation of New York, Carnegie Endowment for International Peace, Carnegie Institution for Science, Carnegie Trust for the Universities of Scotland, Carnegie Hero Fund, Carnegie Mellon University e Carnegie Museums of Pittsburgh, entre outras.
Carnegie foi un dos máis de cincuenta membros do South Fork Fishing and Hunting Club, que foron culpados pola inundación de Johnstown que matou 2 209 persoas en 1889.[4]
A folga Homestead foi un sanguento conflito laboral que durou 143 días en 1892, un dos máis graves da historia dos Estados Unidos. O conflito centrouse na planta principal de Carnegie Steel en Homestead, Pensilvania, e creceu como unha disputa entre a Amalgamated Association of Iron and Steel Workers (AA) e a Carnegie Steel Company. Carnegie marchou a unha viaxe a Escocia antes de que o problema chegase ao máximo,[5] deixando a mediación da disputa en mans do seu socio Henry Clay Frick.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.