filme de 2015 dirixido por Charlie Kaufman From Wikipedia, the free encyclopedia
Anomalisa é un filme estadounidense de 2015 escrito e dirixido por Charlie Kaufman, quen dirixiu xunto con Duke Johnson. Baséase na obra homónima de Kaufman de 2005 que fixo baixo o alcume Francis Fregoli, o cal é unha exploración da síndrome de Fregoli.[4][5] Anomalisa conta a historia dun experto de atención ao cliente, Michael Stone (voz de David Thewlis), que percibe a todas as demais persoas (Tom Noonan) como idénticas, agás Lisa Hesselman (Jennifer Jason Leigh), a quen coñece nun hotel de Cincinnati.
Anomalisa | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Anomalisa |
Director |
|
Produtor |
|
Guión | Charlie Kaufman |
Baseado en | Anomalisa de Charlie Kaufman |
Intérpretes |
|
Música | Carter Burwell |
Fotografía | Joe Passarelli |
Montaxe | Garret Elkins |
Estudio | |
Distribuidora | Paramount Pictures[1] |
Estrea | Telluride: 4 de setembro de 2015 30 de decembro de 2015 |
Duración | 90 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia e drama psicolóxico |
Orzamento | 8 millóns de dólares[3] |
Recadación | 5,7 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
http://www.anomalisa.com/ | |
Anomalisa estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 4 de setembro de 2015, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 30 de decembro a través de Paramount Pictures. O filme recibiu a aclamación da crítica, con eloxios polo seu guión, dirección e contido temático. Foi nomeado ao Óscar ó mellor filme de animación na 88ª edición dos premios, sendo o primeiro filme cunha clasificación para maiores de idade en ser nomeado nesta categoría.[6] Tamén foi nomeado nos Globos de Ouro. Gañou o Premio do Xurado na 72ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia, sendo o primeiro filme animado en conseguilo.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.