Lingua nórdica antiga
lingua xermánica da idade media / From Wikipedia, the free encyclopedia
Antigo nórdico ou noruegués antigo foi a lingua xermánica falada polos habitantes da Escandinavia e das súas colonias de ultramar dende os comezos da época viquinga ata o ano 1300 aproximadamente. O antigo nórdico xurdiu do protonórdico durante o século VIII e, ao evolucionar, acabou dando lugar a tódalas linguas escandinavas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Nórdico antigo dǫnsk tunga, dansk tunga ('lingua danesa'), norrœnt mál ('lingua nórdica') | ||
---|---|---|
Falado en: | ||
Extinción: | século XIV | |
Familia: | Linguas indoeuropeas Lingua xermánica Linguas xernánicas do norte Nórdico antigo | |
Escrita: | Runas | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | non | |
ISO 639-3: | non
| |
Mapa | ||
Status | ||
Debido a que a maioría dos textos que sobreviviron proveñen do islandés medieval, a variante estándar de facto desta lingua é o dialecto occidental, é dicir, o noruegués e o islandés antigos. Este feito fai que, ás veces, no canto de falar de antigo nórdico se fale do islandés antigo ou noruegués antigo.
Porén, tamén existía a variante oriental desa lingua, a cal se falaba nos asentamentos viquingos das actuais Suecia e Dinamarca. Non había unha separación xeográfica demasiado clara entre os dous dialectos. De feito, pódense atopar restos do antigo nórdico oriental ao leste de Noruega e trazas do antigo nórdico occidental ao oeste de Suecia. Ademais, tamén había un dialecto denominado gútnico antigo, incluído dentro do nórdico antigo oriental, xa que é o menos coñecido dos tres dialectos.
Os falantes destes tres dialectos consideraban que todos falaban unha mesma lingua, e denominárona dansk tunga (ANOr) ou dönsk tunga (ANOc) ata o século XIII.
O antigo nórdico era intelixible polos antigos falantes do inglés antigo, do antigo saxón e do baixo alemán, falado ao norte da actual Alemaña. Esta lingua foi evolucionando ata dividirse, dando lugar ao noruegués, islandés, sueco e dinamarqués actual.
O islandés moderno é a lingua que menos evolucionou a partir do antigo nórdico. O feroés tamén conserva moitas semellanzas, aínda que á influencia dinamarquesa fixo que xa non sexa tan conservador. A pesar disto, as outras linguas que evolucionaron máis, como son o sueco, o noruegués e o dinamarqués seguen a ser intelixibles entre si, grazas a herdanza deixada polo antigo nórdico.