Linguas xermánicas
linguas indoeuropeas orixinarias da rexión central nórdica de Europa, como o inglés, alemán e noruegués / From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas xermánicas son un grupo de linguas de orixe indoeuropea, faladas ao principio na rexión central nórdica de Europa. Comprende linguas actuais como o inglés, alemán, baixo alemán, neerlandés, danés, frisón, noruegués, sueco, islandés, feroés e elfdaliano. Tamén algunhas extintas como o gótico.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
O protoxermánico, a antiga lingua derivada do indoeuropeo e antepasado de todas as linguas xermánicas, dividiuse -segundo a maioría dos lingüistas- en tres ramas: o xermánico setentrional ou nórdico, o xermánico occidental (ou meridional, para algúns autores) e o xermánico oriental, do que derivaron os idiomas góticos hoxe desaparecidos. Do nórdico naceron os modernos diasistemas islandés, noruegués, danés, sueco e gotlandés, este último case morto. Do xermánico occidental, naceron os diasistemas anglofrisóns (o inglés e o frisón), o baixo franco (neerlandés), o baixo saxón (chamado ás veces baixo alemán) e o (alto) alemán. Aquí abaixo pódese ver unha clasificación non exhaustiva dos diasistemas xermánicos.