Antipirético
From Wikipedia, the free encyclopedia
En medicina e en farmacia denomínase antipirético a calquera fármaco que fai diminuír a febre.[1] [2]
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Adoitan seren medicamentos que tratan a febre dunha forma sintomática, sen actuar sobre a súa causa. Os exemplos máis comúns son o ácido acetilsalicílico, o ibuprofeno, o paracetamol e o metamizol.
Pero tamén son antipiréticos algúns procedementos físicos, como a aplicación de panos mollados con auga fría sobre o corpo do enfermo, ou os baños deste en auga morna.