rexeitamento á tauromaquia From Wikipedia, the free encyclopedia
Coñécese como antitauromaquia ao rexeitamento á tauromaquia, é dicir, ao acto de facer corridas de touros ou outros espectáculos ou festexos utilizando a estes animais.
As corridas de touros, no seu sentido moderno, nacen en España no século XVIII e desde entón espertaron críticas e desatado polémicas,[1] incluíndo prohibicións esporádicas, desde os mesmos comezos ata a actualidade. Os argumentos dos seus detractores cambiaron ao longo do tempo, segundo o momento histórico, e tivo xustificacións moi variadas: relixiosas, morais, económicas, estéticas, políticas e culturais entre outras.[2]
En Galicia existe unha plataforma antitaurina, fundada en 2008, chamada Galicia, Mellor Sen Touradas, cuxo obxectivo é eliminar as escasas corridas de touros que se realizan nunha Comunidade con pouca afección á "festa nacional".[5] Pontevedra é a única capital de provincia que ten unha praza de touros en activo, aínda que se realizan corridas noutras poboacións como A Coruña ou Padrón, ambas con subvención municipal.[6]
Segundo Gallup, o 86% dos galegos rexeitarían ou aborrecerían os festexos taurinos,[7] unha das maiores oposicións á tauromaquia en España.
En 2010 Galicia, Mellor Sen Touradas iniciou unha campaña para declarar o maior número de municipios abolicionistas, baixo o nome "Queres declarar a túa cidade abolicionista?".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.