Antón Román Conde
arquitecto galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Antón Román Conde, tamén coñecido como Antonio Román Conde, nado en Vigo en 1909 e finado na mesma cidade en 1998, foi un arquitecto galego. Na súa obra combina o racionalismo, o vangardismo e mesmo a estética tradicional, se era a solución axeitada. Foi un arquitecto prolífico pola cantidade, variedade e versatilidade estilística dos varios centos de proxectos asinados co seu nome. A súa pegada está moi presente na cidade e na bisbarra de Vigo en edificios na área urbana, chalés e obra pública. Deixou obras singulares en diversos lugares de Galicia e mais na Guinea Ecuatorial, onde exerceu o cargo de arquitecto xefe delegado do goberno no período colonial, entre 1940 e 1948. Da súa ampla produción cómpre salientar as igrexas do Calvario e Navia polo seu carácter vangardista na concepción da estrutura, que o sitúa no ronsel de Le Corbusier.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1909 Vigo, España |
Morte | 1998 (88/89 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Lingua | Lingua castelá |