Apoloxética
From Wikipedia, the free encyclopedia
A apoloxética[1] en teoloxía e literatura consiste na defensa sistemática dunha posición ou punto de vista. A palabra apoloxética vén do grego apoloxía (απολογία), que denota a posición de defensa militar contra un ataque.[2]
O primeiro en usar o termo con dúas connotacións é John Henry Newman que titula a súa autobiografía espiritualista Apologia Pro Vita Sua, en 1864. Pero as primeiras referencias poden atoparse na Apoloxía de Sócrates (na que Platón realiza a defensa de Sócrates durante o seu proceso), pero tamén algunhas das obras dos apoloxistas do inicio do cristianismo como as dúas apoloxías do mártir Xustino, dirixida ó emperador Marco Aurelio. Arngrímur Jónsson foi un estudoso islandés que no libro Brevis commentarius de Islandia criticaba o traballo que moitos autores escribiron sobre a xente e o país de Islandia.[3]