Sócrates
filósofo grego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sócrates nado e morto en Atenas entre os anos 469 e 399 a.C. [1][2][3][4] foi un célebre e controvertido filósofo clásico grego considerado como un dos máis grandes, tanto da filosofía occidental como da universal. Foi mestre de Platón, quen á súa vez foi mestre de Aristóteles, sendo estes tres os representantes fundamentais da filosofía da Antiga Grecia. Outros discípulos seus foron Antístenes, Aristipo, Fedón e Esquines.
Nome orixinal | (grc) Σωκράτης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 469 a. C. Alopeke, Antiga Atenas (en) |
Morte | 15 de febreiro de 399 a. C. (69/70 anos) Atenas, Grecia |
Causa da morte | Suicidio forzado (Hemlock poisoning (en) ) |
Datos persoais | |
Residencia | Antiga Atenas |
País de nacionalidade | Antiga Atenas |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, epistemoloxía e Ética |
Ocupación | filósofo , escritor , mestre , eticista (pt) |
Membro de | Bulé (406 a. C.–) |
Alumnos | Platón, Xenofonte de Atenas, Antístenes, Aristipo de Cirene, Isócrates de Atenas, Euclides de Mégara (pt) , Fédon de Élis (pt) , Ésquines Socrático (pt) , Querefonte (pt) , Símias de Tebas (pt) , Cebes (pt) , Menexenus (en) , Apollodorus (pt) e Alcibíades |
Influencias | |
Lingua | Grego antigo |
Familia | |
Cónxuxe | Xântipe Mirto (esposa de Sócrates) |
Fillos | Lamprocles (pt) () Xântipe (pt) Menexenus (en) () Xântipe (pt) |
Pais | Sophroniscus (pt) e Fenarete |
Filosofía grega |
---|
Non hai ningunha evidencia de que Sócrates publicase algún escrito da súa autoría. Detalles da súa vida son coñecidos grazas a tres fontes contemporáneas: os diálogos de Platón, as obras de Aristófanes (escritor grego que ridiculiza a Sócrates na comedia As nubes) e os diálogos de Xenofonte (militar ateniense que deixou información sobre Sócrates no escrito Memorables). Nos diálogos de Platón atópanse os relatos máis completos de Sócrates que sobreviviron desde a antigüidade. Con todo, quedan preguntas con respecto á distinción entre o Sócrates da vida real e a representación de Sócrates platónico.
Aínda que foi un patriota e un home de profundas conviccións relixiosas, na súa vellez foi acusado de introducir novos deuses e corromper á mocidade, afastándoa da democracia. No 399 a.C., foi condenado a morte e ordenóuselle beber veleno (cicuta). Pasou o seu último día no cárcere, rexeitando ofertas para axudarlle a escapar.
Sócrates é unha figura principal da transformación da filosofía grega nun proxecto continuo e unificado. Considéraselle o pai da filosofía política, da ética e é a principal fonte de todos os temas importantes da filosofía occidental en xeral; quizais a súa contribución máis importante ao pensamento occidental é o seu modo dialéctico de indagar, coñecido como o método socrático ou método de «elencos», o cal aplicaba para o exame de conceptos morais clave, tales como o ben e a xustiza. A historiografía tradicional divide ao conxunto dos pensadores anteriores a Sócrates (e ao seu coetáneo Demócrito) como «presocráticos», e aos influenciados por Sócrates en «socráticos maiores» (Platón e Aristóteles) e «socráticos menores» (megáricos, cínicos e cirenaicos).[5]