Articulación (anatomía)
medio de contacto que fai a unión entre dous ou máis ósos próximos / From Wikipedia, the free encyclopedia
En anatomía, unha articulación é o medio de contacto que fai a unión entre dous ou máis ósos próximos. A parte da anatomía que se encarga do estudo das articulacións é a artroloxía. As funcións máis importantes das articulacións son de constituír puntos de unión do esqueleto e producir movementos mecánicos, proporcionándolle elasticidade e plasticidade ao corpo, ademais de seren lugares de crecemento.
Para o seu estudo, as articulacións poden clasificarse atendendo a dous criterios:
- Pola súa estrutura (morfoloxicamente).
- Pola súa función (fisioloxicamente).
Morfoloxicamente, os diferentes tipos de articulacións clasifícanse segundo o tecido que as une en varias categorías: fibrosas, cartilaxinosas ou sinoviais.
Fisioloxicamente, o corpo humano ten diversos tipos de articulacións, como a sinartrose (non móbil), sínfise (con movemento monoaxial) e diartrose (maior amplitude ou complexidade de movemento).