![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/53/Arum_palaestinum_flower.jpg/640px-Arum_palaestinum_flower.jpg&w=640&q=50)
Arum
xénero de plantas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os aros,[1] Arum, son un xénero de arredor de 25 especies de plantas con flor da familia Araceae, nativas de Europa, África do norte, o oeste de Asia, coa máis alta diversidade de especies na rexión do Mediterráneo. En Galiza aparece brava a especie Arum italicum chamada herba das anadas.
Máis información Aros (xénero Arum), Clasificación científica ...
Aros (xénero Arum) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Arum palaestinum | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Species | |||||||||||||||||
Ver secc. |
Pechar
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/46/Modell_von_Arum_%28Aronstab%29_-Brendel_Nr._202-.jpg/640px-Modell_von_Arum_%28Aronstab%29_-Brendel_Nr._202-.jpg)
Son perennes, rizomatosas e herbáceas que medran entre 20 e 60 cm de altura, con follas saxitadas de entre 10 e 55 cm de longo. As flores atópanse nun espádice, envolto nunha espata de 10–40 cm de longo que pode ser branca, amarela, castaña ou púrpura. O fruito é unha baga, laranxa brillante ou vermella intensa.
As partes todas da planta son velenosas,[2] contendo cantidades significativas de ácido oxálico ou ráfides.