Asasinato de John F. Kennedy
From Wikipedia, the free encyclopedia
O asasinato de John F. Kennedy, presidente dos Estados Unidos, ocorreu o venres 22 de novembro de 1963 en Dallas (Texas), ás 12:30 hora local CTS (18:30 UTC).
Despois de que a caravana presidencial atravesase a baixa velocidade o centro da cidade e cando a limusina presidencial descapotada pasaba por Dealey Plaza, Kennedy foi mortalmente ferido por disparos de arma de fogo. Foi o cuarto presidente dos Estados Unidos en ser vítima dun asasinato e o oitavo en morrer no exercicio do seu cargo.