presidente dos Estados Unidos de América de 1961 a 1963 From Wikipedia, the free encyclopedia
John Fitzgerald Kennedy, con frecuencia referido como Jack Kennedy ou JFK, nado o 29 de maio de 1917 e asasinado o 22 de novembro de 1963, foi o presidente número 35 dos Estados Unidos de América, entre os anos 1961 e 1963.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
John Fitzgerald Kennedy pasou á historia como un dos presidentes máis lembrados tanto pola súa idiosincrasia (foi o presidente dos Estados Unidos elixido máis novo, e o primeiro de relixión católica) como pola súa tráxica morte nun atentado.
A súa familia era de orixe irlandesa. Seu pai, o doutor Joseph Kennedy, era embaixador dos Estados Unidos na Gran Bretaña xusto antes da segunda guerra mundial e posuía unha das maiores fortunas do país.
John F. Kennedy convértese nun heroe de guerra. A bordo do seu patrulleiro PT109 foi atacado por un patrulleiro xaponés. Permaneceu durante 30 horas no mar, a fin de manter con vida a algúns compañeiros gravemente feridos. Deste xeito agravou unha lesión de costas que sufrira xogando ao fútbol americano, e que lle causaría molestias durante toda a súa vida.
O seu irmán máis vello morreu en combate durante a guerra, polo que John tivo que tomar as responsabilidades propias da ambición política que seu pai tiña para o clan familiar.
En principios dos anos 1950 convértese en senador polo estado de Massachusetts.
Como candidato demócrata gañou na elección presidencial de 1960 ao entón vicepresidente, Richard Nixon e o seu mandato só durou aproximadamente mil días. Durante ese tempo tiveron lugar varios feitos salientables na historia dos EUA: a aceleración da carreira espacial, o aumento do papel dos Estados Unidos na guerra de Vietnam e a invasión de Baía de Cochinos, que desencadeou a crise dos mísiles de Cuba en 1962. As negociacións entre o goberno de Kennedy e Nikita Khrushchev conseguiron deter as hostilidades; así e todo, durante toda a historia da guerra fría xamais se estivo tan preto dunha confrontación armada directa entre as dúas potencias.
En canto a Latinoamérica, lanzou o seu programa "Alianza para o Progreso", que pretendía lograr un maior achegamento entre as diferentes nacións de América, con respecto a EEUU, para deste xeito afastalas da influencia soviética, encarnada en Cuba. Froito deste plano foi o xurdimento de Cidade Kennedy, que actualmente é o barrio máis grande de Bogotá, con máis dun millón de habitantes.
Internamente tivo un importante labor en promover os dereitos civís da poboación afroamericana, especialmente nos estados do sur, onde seguían sufrindo unha forte segregación. Así mesmo polo seu carisma foi unha fonte de inspiración para que moitos estadounidenses se envolvesen social e politicamente na actividade pública.
A súa administración colidiu contra varios poderes do país. A orixe dubidosa de parte da fortuna familiar (o seu pai traficou con licor durante a lei seca) ligábao a membros da mafia dos Estados Unidos, especialmente a Sam Giancana. Esta situación, sumada á política recalcitrante do seu irmán máis novo e fiscal xeral (equivalente nos EUA a ministro de xustiza) Robert F. Kennedy, fixo que o presidente se atopase no medio dun conflito de intereses, fóra do normal. A isto era preciso sumar a confrontación aberta dos Kennedy (en especial Robert) co principal xefe sindical do país, Jimmy Hoffa.
Kennedy foi asasinado en Dallas o 22 de novembro de 1963 durante unha viaxe oficial. Lee Harvey Oswald foi detido, acusado de cometer o atentado. Este último foi á súa vez asasinado por Jack Ruby antes de que puidese testemuñar nun xuízo.
Este atentado afectou enormemente a sociedade estadounidense. Hoxe en día son poucos os estadounidenses que cren que o doutor John F. Kennedy foi asasinado por Lee Harvey Oswald, ou que o fixo só. Existen ata numerosas hipóteses de conxura nas cales se implica a CIA, o FBI, o goberno cubano de Fidel Castro, ou os exiliados cubanos.
Téñense realizado varias películas nas que se trata a súa morte, como:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: John F. Kennedy |
A Galicitas posúe citas sobre: John F. Kennedy |
Predecesor: Dwight D. Eisenhower |
Presidente dos Estados Unidos de América 1961–1963 |
Sucesor: Lyndon B. Johnson |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.