Asma (doenza)
enfermidade inflamatoria do aparato respiratorio / From Wikipedia, the free encyclopedia
A asma é unha enfermidade inflamatoria do aparato respiratorio que provoca dificultade na respiración (dispnea).
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Asma.
Este termo procede do grego 'âsthma [arquexar] + -ma (grego)
Non existe unha definición precisa da enfermidade asmática. A Estratexia Global para a Asma defínea así: "Inflamación crónica das vías aéreas en que desempeñan un papel destacado certas células . Este proceso asóciase a unha hiperresposta dos bronquios que produce episodios de sibilancias (pitos), dispnea (sensación de falta de respiración), opresión torácica e tose, particularmente durante a noite ou madrugada. Estes episodios relaciónanse xeralmente cun maior ou menor grao de obstrución do fluxo aéreo a miúdo reversible de forma espontánea ou con tratamento".