From Wikipedia, the free encyclopedia
Asterio, tamén coñecido como Asturio ou Astirio, foi un xeneral romano que ostentou o título de comes Hispaniarum e que como tal participou nunha importante expedición militar contra os vándalos establecidos no norte de Gallaecia. Tamén conseguiu derrotar ao usurpador Máximo que se refuxiara entre os bárbaros. Ante estas vitorias foi gratificado co título de patricio no 422.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV Madrid |
Morte | década de 420 Hispania romana, Roma Antiga |
Comes Hispaniarum (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | oficial |
Período de tempo | Imperio Romano |
Trala vitoria de Walia sobre os bárbaros nas campañas entre 416 e 418, os derrotados alanos e silingos refuxiáronse entre os asdingos establecidos na franxa costeira de Gallaecia ao norte do río Miño. Os vándalos, fortalecidos e con necesidade de novos territorios para abastecer aos novos continxentes de poboación, expandíronse cara ao sur e bloquearon aos seus veciños nos montes Nervasos (419).
No 419, Asterio foi enviado como comes Hispaniarum cun poderoso exército romano para terminar de recuperar os territorios ocupados polos bárbaros en Hispania e acabar coa segunda sublevación de Máximo.
Entre o 419 e o 420, o presbítero Frontón acusou de priscilianismo a varios familiares próximos de Asterio polo que, este, tivo que acudir a Tarraco a defendelos da acusación.[1] No 420, achábase en Tarraco, onde establecera o seu pretorio e concentrara as súas tropas antes de principia-la campaña de Gallaecia.[2] Posteriormente, ante o seu avance, os vándalos víronse obrigados a retirarse cara ao sur,[3] onde foron interceptados en Bracara Augusta polo vicarius Maurocellus, que comandaba outro exército enviado para a ocasión. Asterio, obrigou aos vándalos asdingos a levanta-lo bloqueo co que estaban a someter o exército suevo nos montes Nervasos,[4] aínda que non puido evitar que a maioría deles fuxisen cara a Bética sen poder matalos.
No 421, foi chamado a Rávena despois do nomeamento de Constancio III como Augusto, en febreiro, para asumi-lo título de patricio e mailo cargo de magister militum,[5][6] até setembro dese ano en que morreu Constancio.
Vista a campaña en perspectiva, foi un desastre, pois empurrou os vándalos a migrar dende unha provincia periférica ás ricas terras do corazón de Hispania, fortalecendo o seu poder e permitíndolles ameazar os intereses imperiais na Bética. A situación obrigou á corte imperial a reaccionar enviando, no 422, o comes domesticorum Castino a Hispania para solucionar o problema vándalo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.