Aston Villa F.C.
club de fútbol inglés / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Aston Villa Football Club é un club de fútbol de Inglaterra, da cidade de Birmingham nos Midlands do Oeste. Foi fundado en marzo de 1874 e xoga na Premier League inglesa. O Aston Villa foi membro fundador da Football League en 1888 e da Premier League en 1992. É un dos equipos ingleses máis antigos e laureados, conquistando o campionato de liga sete veces, as mesmas veces que a FA Cup. Tamén gañou a Copa de Europa na tempada 1981-82, sendo así un dos catro clubs ingleses que gañaron o que é hoxe a Liga de Campións da UEFA. O Villa ten o cuarto maior número total de grandes títulos gañados por un club do seu país.
Aston Villa | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Aston Villa Football Club | |||
Alcume(s) | Villains | |||
Fundación | 21 de novembro de 1874 | |||
Estadio | Villa Park, Birmingham Inglaterra | |||
Inauguración | 1897 | |||
Capacidade | 42.785 | |||
Presidente | Nassef Sawiris | |||
Adestrador | Unai Emery | |||
Liga | Premier League | |||
2020–21 | 11º | |||
Vestimenta | Macron | |||
Patrocinador | Quick Books | |||
Na rede | ||||
http://www.avfc.co.uk/ | ||||
| ||||
Posúe unha longa e feroz rivalidade co Birmingham City, da súa mesma cidade, e co West Bromwich Albion, da localidade veciña de West Bromwich. O partido coñecido como o Derbi de Birmingham, entre o Villa e o Birmingham, lévase xogando dende 1879. O uniforme tradicional do club reúne na camisa as cores viño e azul celeste, dicindo a lenda que as cores foron inspiradas en dous clubs escoceses, respectivamente no Heart of Midlothian e no Rangers. Esta combinación, xunto cos pantalóns e medias brancas, inspirou outros equipos ingleses, como o West Ham United e o Burnley. Estas cores tamén aparecen no emblema do club, que tamén consta dun león dourado, outra suposta influencia escocesa derivada do estandarte real escocés. A última versión do escudo do club, adoptada en 2007, inclúe o lema "Prepared" (do inglés: preparados).