cover image

Inglaterra (en inglés: England) é unha das nacións constituíntes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente ao País de Gales. Limita ao norte con Escocia, ao leste co Mar do Norte, ao sur co Canal da Mancha e ao oeste co Océano Atlántico, Gales e o Mar de Irlanda. A súa capital é Londres, a maior área urbana do Reino Unido.

Quick facts: Inglaterra, Capital  • Poboación, Cidade...
Inglaterra
England
Bandeira de Inglaterra
Escudo de Inglaterra
BandeiraEscudo
Lema: Dieu et mon droit
(en francés: "Deus e o meu dereito")
Himno: God Save the Queen
Capital
  Poboación
Londres
n/d
Cidade máis poboadaLondres
Linguas oficiaisn/d
Forma de gobernoMonarquía constitucional
Carlos III
Rishi Sunak
Unificación
por Aethelstan927
  Total130 395 km²
  % augan/d
  Total50 431 700 hab.
  Densidade377 hab./km²
PIB (nominal)
  Totaln/d
  per cápitan/d
  Total1 200 000 millóns USD
  per cápitan/d
MoedaLibra esterlina (GBP)
IDHn/d
Xentilicion/d
Fuso horarion/d
  Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.uk3
Prefixo telefónico+44
Prefixo radiofónicon/d
Código ISOn/d
Close

Inglaterra converteuse nun estado unificado no ano 927 e toma o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas asentadas no sur da illa durante os séculos quinto e sexto. Inglaterra tivo, e segue a ter, un impacto cultural e legal ao redor de todo o mundo, sendo o lugar de orixe da lingua inglesa, da Igrexa Anglicana e do Dereito Inglés, o cal puxo as bases do Dereito nos sistemas legais da maioría dos países do mundo. Ademais, en Inglaterra naceu a Revolución Industrial sendo o primeiro país do mundo en acadar a industrialización.

Nela atópase a Royal Society, a cal mantén fundacións da ciencia moderna experimental. Inglaterra ten a democracia parlamentaria máis antiga do mundo, polo tanto, moitas innovacións constitucionais, gobernamentais e legais, que teñen a súa orixe en Inglaterra, foron posteriormente adoitadas por outras nacións.

O Reino de Inglaterra (incluíndo Gales) continuou como un estado independente até o 1 de maio de 1707, cando mediante a Lei de Unión, levando a cabo os termos acordados no Tratado de Unión o ano anterior, rematou en unión política co Reino de Escocia para crearen o Reino Unido de Gran Bretaña.

Oops something went wrong: