From Wikipedia, the free encyclopedia
Marakei é un pequeno atol ao norte das Illas Gilbert, pertencentes a Kiribati. A lagoa central componse de numerosas concas profundas e está rodeada por dúas illas grandes separadas por dúas estreitas canles, a Baretoa Pass e a Reweta Pass. Estas canles son inaccesibles en marea baixa. O atol ten unha superficie de 13´5 km².
Marakei | |
---|---|
Datos | |
País | Kiribati |
Illa principal | |
Linguas | |
Poboación (2010) | 2.872 hab. |
Superficie | 13´8 km² |
Superficie lagoa | km² |
Nº de illas | 2 |
Coordenadas | 2°00′N 173°16′L |
Maior Altura | 3 m. |
Localización | |
A superficie total de Marakei é de 14´13 quilómetros cadrados. Un camiño rodea a illa e ten 26 quilómetros de longo. A maior anchura atópase na vila de Rawannawi e a zona máis estreita está en Temotu no lado occidental da illa. Marakei é unha das dúas illas de Kiribati que rodea a lagoa. A lagoa Marakei é de auga salgada e profunda nalgunhas áreas, pero non ten mareas. Dúas canles estreitas, que non son navegables durante a marea baixa, unen a lagoa co mar, os cales son chamados Baretoa Pass e Pass Raweta.[1]
O Rawata Pass foi o lugar dunha obstrución en 1912 logo dos conflitos entre as aldeas.
A vila principal é Rawannawi, que no censo de 2010[2] tiña pouco máis dun terzo dos 2.872 habitantes da illa.
Rawannawi | 1000 habitantes |
Temotu | 164 habitantes |
Buota | 339 habitantes |
Tekarakan | 358 habitantes |
Bwainuna | 310 habitantes |
Norauea | 321 habitantes |
Tekuanga | 217 habitantes |
Antai | 163 habitantes |
O "katabenin" é unha tradición única de Marakei, os que visitan por primeira vez a illa teñen que presentar os seus respectos ás catro pantasmas de Marakei, viaxando en sentido antihorario, antes de calquera outra actividade. As ofrendas de tabaco, doces ou diñeiro nos santuarios de Nei Reei, Rotebenua Nei, Nei Tangangau e Nantekimam Nei asegurarán unha estancia feliz en Marakei.
Marakei está servido polo Aeroporto de Marakei no extremo norte da illa (preto da localidade de Rawannawi). Air Kiribati conta con tres voos á semana a Abaiang e ao aeroporto internacional de Tarawa.
A casa de hóspedes do Consello de Marakei está situada xusto fronte ao mar, nos arredores da aldea principal de Rawannawi.[3] Como todas as pensións dos Consellos Insulares de Kiribati, as instalacións son básicas e a comida é a que está dispoñible a nivel local, con todo, a súa espectacular situación e a tradición de hospitalidade de Marakei fan que unha estancia na casa de hóspedes de Marakei pode resultar unha experiencia única na vida para un viaxeiro ben preparado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.