Nutrición autótrofa
tipo de nutrición dos seres vivos capaces de sintetizaren substancias esenciais para o seu metabolismo partindo de substancias inorgánicas / From Wikipedia, the free encyclopedia
A nutrición autótrofa (de autos, "por si mesmo", e trofo, "que se alimenta") é o tipo de nutrición característica dos denominados individuos autótrofos ou produtores, é dicir, aqueles capaces de sintetizaren substancias esenciais para o seu metabolismo partindo de substancias inorgánicas. Os autótrofos obteñen o seu carbono do CO2. Existen dous tipos de procesos autótrofos:
- A fotosíntese dos seres fotolitoautrótofos (característico de plantas e outros organismos) que é o proceso no que se elabora materia orgánica, como os azucres, a partir de materia inorgánica, como a auga, dióxido de carbono e sales minerais. Para realizar esta reacción química requírese a enerxía bioquímica que a clorofila produce a partir da enerxía solar.
- A fotosíntese presenta unha fase luminosa, na que a enerxía procedente do Sol é transformada en enerxía bioquímica, e unha fase escura, na que, utilizando esta enerxía bioquímica, se obteñen azucres.
- A quimiosíntese dos organismos quimiolitótrófos realizada por bacterias mediante a oxidación de compostos inorgánicos (anhídrido sulfuroso ou compostos ferrosos) para produciren enerxía.