Premiership Rugby
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Premiership Rugby, oficialmente coñecida por motivos de patrocinio como Gallagher Premiership,[1] é unha competición profesional de rugby de Inglaterra. Na actualidade conta con trece equipos e é a máxima categoría do rugby inglés. Os participantes clasifícanse para as dúas competicións europeas: a Champions Cup e a Challenge Cup. O último clasificado cada temporada descende ao RFU Championship, sendo substituído polo campión da mesma.
Premiership Rugby | |
---|---|
Fundación | 1987; hai 37 anos |
País | Inglaterra |
Equipos | 13 |
Descenso | RFU Championship |
Actual campión | Harlequin (2º título) |
Máis laureado | Leicester (10 títulos) |
Televisión | BT Sport |
Sitio web | premiershiprugby.com |
Fundada en 1987, desde a súa fundación a competición ten recibido diferentes nomes por motivos de patrocinio: Courage League (1987−1997), Allied Dunbar League (1997−2001), Zürich Premiership (2001-2005), Guinness Premiership (2005−2010) e Aviva Premiership (2010−2018). O equipo máis laureado da historia da competición son os Leicester Tigers con dez títulos, seguidos por Bath e Wasps con seis e Saracens con cinco.