![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/30/Flag_of_Nauru.svg/langgl-640px-Flag_of_Nauru.svg.png&w=640&q=50)
Bandeira de Nauru
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira de Nauru naceu tras a independencia deste país de Australia. Foi creada por un habitante da illa que traballaba para o fabricante de bandeiras australiano Evans. É azul cunha delgada banda amarela que a divide horizontalmente en dúas partes iguais e que simboliza o Ecuador. Unha estrela grande de doce puntas do lado inferior esquerdo simboliza as doce tribos orixinais de Nauru.[1] A posición da estrela simboliza a posición xeográfica da illa con respecto ao Ecuador, 42 quilómetros ao sur deste,[1] e a súa cor, o branco, representa o fosfato, fonte de riqueza da illa.