Barnase
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A barnase (acrónimo de "BActerial" "RiboNucleASE", ribonuclease bacteriana) é unha proteína bacteriana que consta de 110 aminoácidos e ten actividade de ribonuclease. É sintetizada e segregada pola bacteria Bacillus amyloliquefaciens, pero é letal para a célula bacteriana ando se expresa sen o seu inhibidor barstar (unha pequena proteína). O inhibidor únese e tapa o sitio activo da ribonuclease, impedindo que a barnase dane o ARN da propia célula despois de que foi sintetizada pero antes de que sexa segregada. O complexo barnase/barstar é salientable pola extraordinariamente forte unión entre as dúas proteínas, cunha constante de asociación (k on-rate) de 108s−1M−1.
O complexo fortemente unido entre a barnase e o seu inhibidor barstar. A barnase está coloreada pola súa estrutura secundaria e barstar está coloreada en azul.[1] | |
Barnase | |
Identificadores | |
Símbolo | Barnase |
PDB | 1BRS More structures |
UniProt | P00648 |
Outros datos | |
Número EC | 3.1.27.- |