Político e botánio belga From Wikipedia, the free encyclopedia
O conde Barthélemy Charles Joseph Dumortier (ás veces escrito Du Mortier),[1] nado o 3 de abril de 1797 en Tournai, e finado o 9 de xullo de 1878 na mesma cidade, foi un político e botánico belga. Membro da Cámara de Representantes desde a creación de Bélxica, foi tamén Ministro de Estado. En 1885 o rei Leopoldo II outorgoulle o título de conde.
Nome orixinal | Barthélemy Charles Joseph Dumortier | ||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 3 de abril de 1797 Tournai, Bélxica | ||||||||||||||||||||||||
Morte | 9 de xullo de 1878 (81 anos) Tournai, Bélxica | ||||||||||||||||||||||||
Cargos Deputado da Cámara de Representantes de Bélxica (1831-1878) Ministro de Estado de Bélxica (desde o 7 de xullo de 1872) | |||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Bélxica | ||||||||||||||||||||||||
Educación | Collège Stanislas, Universidade de Francia, París | ||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||
Campo de traballo | Botánica | ||||||||||||||||||||||||
Ocupación | político, botánico | ||||||||||||||||||||||||
Partido político | Partido Católico (Bélgica) (pt) | ||||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua latina e lingua francesa | ||||||||||||||||||||||||
Obra | |||||||||||||||||||||||||
Abreviación dun autor en botánica | Dumort. | ||||||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||||||
Título | Conde | ||||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Philippine Rutteau | ||||||||||||||||||||||||
Fillos | Barthélemy-Noël Dumortier | ||||||||||||||||||||||||
Pais | Barthélemy-François Dumortier e Marie-Jeanne Willaumez | ||||||||||||||||||||||||
Parentes | Maurice Houtart (pt) (bisneto) | ||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||
Membro da Academia Real das Ciencias, as Letras e as Belas Artes de Bélxica, e da Leopoldina | |||||||||||||||||||||||||
Lista
|
Dumortier era fillo do negociante e conselliro comunal de Tournai Barthélemy-François Dumortier e da súa esposa Marie-Jeanne Willaumez. Casou con Philippine Rutteau e desta unión naceu un fillo, Barthélemy-Noël Dumortier.
En 1824 fundou Le Courrier de l'Escaut, un xornal crítico do goberno. Estivo involucrado na revolución belga de 1830 e foi elixido membro do novo Parlamento fundado en 1831. Representou ao distrito de Tournai até 1847, e despois foi elixido para o distrito de Roeselare, posto que ocupou até a súa morte.
A principios da década de 1820 Dumortier publicou a súa primeira achega á botánica, en latín. O seu obxectivo principal era identificar a flora nacional. En 1827 publicou Flora Belgica, obra na que utilizou unha clasificación natural. A súa atención dirixiuse decontado aos aspectos sistemáticos, e incluso creou o seu propio sistema de clasificación. Tense dito que durante esta década foi o primeiro en observar a división celular.[Cómpre referencia]
En 1829 converteuse en membro da prestixiosa Academia de Bruxelas, unha distinción moi solicitada, e foi recoñecido como un dos mellores naturalistas dos Países Baixos, xa que estudou non só botánica, senón tamén zooloxía, porque o seu interese polos invertebrados era grande.
En 1862, cando se creou a Société Royale de Botanique de Belgique, Dumortier foi requirido de inmediato como primeiro presidente. Foi tanto un mentor como un protector para os xoves botánicos que se uniron a este novo grupo. François Crépin dedicáralle a súa obra mestra La Flore de Belgique (1860) dous anos antes. Estes dous feitos ilustran a influencia e a aura do vello botánico de Tournai.
Dumortier propuxo á sociedade que administraba o xardín botánico de Bruxelas crear un xardín botánico do Estado na capital capital. Instou ao parlamento que comprara o impresionante herbario e a colección de Carl Friedrich Philipp von Martius, o que se fixo en 1869, uns meses antes de que o Estado belga comprara o xardín botánico de Bruxelas. Dumortier quería crear un xardín botánico seguindo o modelo do Real Xardín Botánico de Kew.
Nesta nova institución, Dumortier dominou sen ningunha consideración outras opinións máis que as propias, como un mestre perfecto. Isto causou gran tensión e incluso puxo en perigo a institución, pero contou cun forte apoio político. Non foi derrotado até que a autoridade decidiu unir o Museo de Historia Natural co Xardín Botánico, en 1875. O director das dúas institucións foi Édouard Dupont, inimigo xurado de Dumortier, que porén permaneceu como director científico do Xardín Botánico.
Dupont, que non estaba de acordo, dimitiu en 1876, e François Crépin, amigo de Dumortier, foi o novo director.
Baixo o seudónimo de Belgicus, publicó cartas en Tournai en xaneiro de 1830 denunciando a actitude do goberno do Reino dos belgas, e estigmatizou aos seus compatriotas do norte alcumándoos como "holandeses", que provocou claramente un desexo de secesión das provincias do sur. Foi condecorado coa Cruz de Ferro de Bélxica.
As abreviaturas Dum., Dumort. ou Dumortierse empréganse para recoñecer a Barthélemy Dumortier como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.