Barítono
From Wikipedia, the free encyclopedia
Barítono é a voz cuxa tesitura se acha entre a de baixo e a de tenor. Os seus agudos diferéncianse da voz do tenor por seren máis escuros e os seus graves diferéncianse da voz do baixo por seren máis lixeiros e brillantes. É a voz masculina máis frecuente e, en ocasións, considérase a voz masculina expresiva por excelencia, e pode engadir a claridade e a flexibilidade á forza e ao esplendor.[1]
Na ópera e no teatro musical, o papel de vilán ou de home poderoso na trama adoita ser interpretado por un barítono.[2]
Na formación habitual de coros de voces mixtas (SATB) os barítonos inclúense na corda dos baixos. Cando esta se divide en coros de voces graves, utilízanse os termos "baixo 1" ou barítono, para designar a subsección máis aguda, e "baixo 2" ou simplemente baixo, para a máis grave.