Batalla de Cambedo
conflito armado entre guerrilla e as forzas de seguridade españolas e portuguesas en 1946 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Batalla de Cambedo é o nome que se dá[1] a un encontro bélico mantido o 19 de decembro de 1946, nas inmediacións de Cambedo (Portugal), entre guerrilleiros antifranquistas españois, por unha banda, e por outra forzas da Garda Civil española e máis elementos portugueses da Garda Nacional Republicana, Garda Fiscal, do exército e da Polícia Internacional e de Defensa do Estado.