Bautismo de Xesús
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Bautismo de Xesús de Nazaret é un episodio na vida de Xesús dentro da Historia Sacra do cristianismo que aparece relatado no Novo Testamento e que marca o comezo da súa vida pública. Cóntase que Xesús chega á beira do río Xordán procedente de Galilea, onde pide ao seu primo Xoán que lle bautice. Xoán protesta e di que é el quen debese ser bautizado por Xesús. Xesús respóndelle:[1][2][3]
«Hai que dar cumprimento a toda xustiza ordenada por Deus»
Xoán procede á cerimonia e o Espírito de Deus descende para anunciar:[4]
«Este é o meu fillo moi amado, o meu predilecto»
Os cristiáns viron nesta escena o misterio da Trindade. Considerouse como unha manifestación ou epifanía ou teofanía, cuxa data de conmemoración púxose na Igrexa Católica Apostólica e Romana, o domingo despois do 6 de xaneiro, data que se celebra a festa dos Reis Meigos.