Benín
Estado de África / From Wikipedia, the free encyclopedia
Benín[1] (en francés: Bénin), oficialmente República de Benín (en francés: République du Bénin) e antigamente Dahomey, é un país de África Occidental. Limita ó oeste con Togo, ó leste por Nixeria e ó norte por Burkina Faso e Níxer. A maioría da poboación vive na súa reducida liña costeira no golfo de Benín, parte do golfo da Guinea, na zona máis ó norte do océano Atlántico tropical.[2] A capital de Benín é Porto Novo, pero a sede do goberno está en Cotonou, a meirande cidade e o centro económico do país. Benín abrangue unha área de aproximadamente 115 000 km², cunha poboación aproximada de 9,98 millóns. Benín é unha nación tropical da África subsahariana moi dependente da agricultura.[3]
Himno | L'Aube Nouvelle | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Fraternité, Justice, Travail» «Fraternity, Justice, Labour» «Братство, справедливост, труд» «Bratstvo, pravica, delo» | ||||
Nomeado en referencia a | Golfo do Benim (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Porto Novo | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.175.692 (2017) (97,38 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 114.763 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Punto máis alto | Monte Sokbaro (658 m) | ||||
Punto máis baixo | Golfo do Benim (pt) (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 2 de decembro de 1990 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | democracia representativa | ||||
Órgano executivo | Government of Benin (en) | ||||
• President of the Republic of Benin (en) | Patrice Talon (2016–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Nacional do Benin (pt) , (Escano: 109) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 17.690.083.520 $ (2021) | ||||
Moeda | franco CFA de África Occidental | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .bj | ||||
Prefixo telefónico | +229 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 117 (pt) e 118 | ||||
Código de país | BJ | ||||
Páxina web | gouv.bj |
A lingua oficial de Benín é o francés. Porén, as linguas indíxenas como o fon e o yoruba son faladas de xeito común. O meirande grupo relixioso é o catolicismo, seguido de preto polo islam, o vodú e o protestantismo. Benín é membro das Nacións Unidas, da Unión Africana, da Organización para a Cooperación Islámica, da Zona de Paz e Cooperación do Atlántico Sur, da Francophonie, da Comunidade dos Estados do Sahel-Sáhara e da Autoridade da Conca do Níxer.[4]
Dende o século XVII até o XIX, as principais entidades políticas na área foron o Reino de Dahomey xunto coa cidade estado de Porto Novo e unha grande área con moitas tribos diferentes no norte. Esta rexión era chamada a Costa dos escravos a comezos do século XVII por mor do gran número de escravos que eran levados cara ao Novo Mundo polo comercio atlántico. Despois da abolición da escravitude, Francia tomou o país e renomeouno como Dahomey Francés. En 1960, Dahomey acadou a independencia plena de Francia, e viviu un período tumultuoso con varios gobernos democráticos, golpes de estado e gobernos militares.
Un estado marxista-leninista chamado República Popular de Benín existiu entre 1975 e 1990. En 1991, foi substituído pola actual República multipartidista.[5]