Organización das Nacións Unidas
organización internacional / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Organización das Nacións Unidas (ONU) é un organismo intergobernamental mundial cuxo principal obxectivo e promover a cooperación internacional. Foi fundada oficialmente o 24 de outubro de 1945 en San Francisco, California, finalizada a segunda guerra mundial.
A primeira Asemblea Xeral celebrouse o 10 de xaneiro de 1946 (celebrada en Central Hall Westminter, Londres). A sede actual está na cidade de Nova York.
A precursora das Nacións Unidas foi a Sociedade de Nacións (tamén coñecida como "Liga das Nacións"), organización concibida en circunstancias similares durante a primeira guerra mundial e estabelecida en 1919, en conformidade co Tratado de Versalles, "para promover a cooperación internacional e conseguir a paz e a seguridade". Todos os países soberanos internacionalmente recoñecidos son membros, excepto o Vaticano, en calidade de observador, e Taiwán (un caso especial, recoñecida por poucos países). Dende o 14 de xullo de 2011 a ONU ten 193 Estados Membros. O seu secretario xeral é António Guterres dende o 1 de xaneiro de 2017.
Un dos feitos máis destacábeis da ONU é a proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en 1948.