![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/09/BenNevis2005.jpg/640px-BenNevis2005.jpg&w=640&q=50)
Ben Nevis
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ben Nevis (en escocés: Beinn Nibheis) é a máis alta montaña das Illas Británicas. Cunha altura de 1344m sobre o nivel do mar, está localizada na parte occidental dos Montes Grampianos, na área de Lochaber das Highlands, preto da vila de Fort William.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/09/BenNevis2005.jpg/640px-BenNevis2005.jpg)
A montaña é un popular destino turístico que atrae a unhas 100.000 persoas cada ano,[1] das cales tres cuartos empregan o Pony Track dende Glen Nevis.[2] Os cantís de 700m da cara norte están entre os máis altos do Reino Unido, e proporcionan escaladas de diferentes dificultades para escaladores e montañeiros.