Ben económico
elemento que satisfai certa necesidade humana e proporciona utilidade / From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínanse bens económicos, por oposición aos bens libres, a aqueles bens que se adquiren no mercado pero pagando un prezo por eles e que satisfai directa ou indirectamente unha necesidade.[1] É dicir, son bens materiais e inmateriais que posúen un valor económico e que, por ende, son susceptíbeis de seren valorados en termos monetarios. Neste sentido, o termo ben utilízase para nomear cousas que son útiles aos que as usan ou posúen. No ámbito do mercado, os bens son cousas e mercadorías que se intercambian e que teñen algunha demanda por parte de persoas ou organizacións que consideran que reciben un beneficio ao obtelos.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ben.