Benito Xerónimo Feijoo
relixioso e polígrafo ilustrado galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, nado en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), o 8 de outubro de 1676 e finado en Oviedo o 26 de setembro de 1764, foi un relixioso bieito, escritor e pensador galego.[1] Xunto co valenciano Gregorio Mayans e os portugueses António Nunes Ribeiro Sanches e o Marqués de Pombal, constitúe a figura máis destacada da primeira Ilustración na Península Ibérica.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Feijoo Montenegro.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (es) Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de outubro de 1677 Casdemiro, España |
Morte | 26 de setembro de 1764 (86 anos) Oviedo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Catolicismo |
Formación profesional | Teoloxía |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, teoria social (pt) e crítica literaria |
Ocupación | ensaísta , médico , profesor universitario , escritor , filósofo |
Empregador | Universidade de Salamanca Universidade de Oviedo |
Xénero artístico | Ensaio |
Movemento | Ilustración e Iluminismo na Espanha (pt) |
Lingua | Lingua castelá |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Irmáns | Anselmo Feijoo Montenegro |
Pechar
Está soterrado na igrexa de Santa María de la Corte (Oviedo). Escribiu unha serie de ensaios baixo o título de Teatro crítico universal (1726-1764), considerados como a obra cume da Ilustración en lingua castelá.