Bernardo O'Higgins
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bernardo O'Higgins Riquelme, nado o 20 de agosto de 1778 en Chillán (Capitanía Xeneral de Chile) e finado o 24 de outubro de 1842, foi un militar e estadista chileno, considerado pai da patria no seu país. Foi destacada figura na loita da independencia de Chile e foi o primeiro Xefe de Estado de Chile independente baixo o título de Director Supremo entre 1817 e 1823, cando renunciou voluntariamente ao cargo para evitar unha guerra civil, exiliándose no Perú ata a súa morte.[1] Foi Capitán Xeneral do Exército de Chile, Brigadier das Provincias Unidas do Río da Prata, Xeneral da Gran Colombia e Organizador da Expedición Libertadora do Perú.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Pechar