Bica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bica é un biscoito doce típico de elaboración artesanal de gran difusión en Galicia. É utilizada nos almorzos ou como acompañante á hora do café. En Ourense é habitual cortala en cubos e consumila acompañada de licor café .
Bica | |
Bica mantecada de Castro Caldelas (Ourense) | |
Orixe | ![]() |
Gastronomía | Gastronomía de Galicia |
Ingredientes | |
Orixe animal | Ovo Manteiga |
Orixe vexetal | Fariña |
Condimentos | Azucre |
![]() |
As bicas ourensás máis célebres son a do Castro e a de Sas de Penelas (as dúas no concello de Castro Caldelas), a de Laza (concello de Laza), e a de Trives (concello de Pobra de Trives). A de Laza é tamén chamada "bica branca", porque emprega as claras dos ovos prescindindo das xemas.
A bica que se fai en Ourense, máis en concreto nos concellos de Avión e Beariz, así como en toda a zona do Ribeiro non é unha bica doce. Faise con fariña de millo e é parecida a unha empanada. Cócese debaixo dun testo cuberto de brasas e parece máis unha empanada ca un pan. Pódese encher coma as empanadas, aínda que non é normal facelo. Na provincia de Pontevedra, polo menos nos concellos de Arbo e Crecente, faise tamén este tipo de bica, aínda que se pode cocer encima dunha pedra da lareira ou da cociña de ferro. A cor da bica é amarela, e ten bastante codia, pois semella ser unha tortilla de patacas (redonda e esmagada).