From Wikipedia, the free encyclopedia
Black Mirror é unha serie de televisión británica creada por Charlie Brooker. A serie está producida por Zeppotron para Endemol. Atendendo ó contido e estrutura do programa, Brooker comentou que "cada episodio ten un elenco diferente, unha localización diferente e mesmo unha realidade diferente. Pero todos tratan do xeito no que vivimos hoxe e a forma na que poderiamos estar vivindo en 10 minutos se somos uns zoupóns".[1]
Formato | Drama, ficción científica |
---|---|
Creado por | Charlie Brooker |
Desenvolvido por | Barney Reisz |
País de orixe | Reino Unido |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 6 |
Episodios | 27 (+1 interactivo) (Lista de episodios) |
Produtor(es) executivo(s) | Charlie Brooker Annabel Jones |
Duración | 43 - 89 minutos |
Distribuidor | Endemol UK |
Canle de orixe | Channel 4 (2011-2014) Netflix (2016-) |
Formato de imaxe | 1080i (HDTV) |
Primeiro episodio | 4 de decembro de 2011 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
https://www.netflix.com/blackmirror | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Un comunicado de prensa de Endemol describe a serie como "un híbrido de The Twilight Zone e Tales of the Unexpected que se nutre das inquedanzas contemporáneas do mundo actual".[2] Channel 4 describiu o primeiro episodio como "unha parábola retorcida da era do Twitter".[3] A primeira temporada de Black Mirror foi estreada en DVD o 27 de febreiro de 2012.[4] Un filme interactivo titulado Black Mirror: Bandersnatch foi estreado o 28 de decembro de 2018.
Na campaña da Mesa pola Normalización Lingüística Sentido Común,[5] para garantir os dereitos lingüísticos do galego no ámbito socioeconómico, fixeron un vídeo coa feitura inspirada en Black Mirror.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.