2011
ano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
2011 (MMXI) foi un ano común que comezou en sábado no calendario gregoriano.
Remove ads
Acontecementos
Xaneiro



- 1 de xaneiro
- Comeza a presidencia húngara da Presidencia do Consello da Unión Europea.[1]
- Estonia únese á Eurozona, adoptando así o euro como moeda oficial.[2]
- Dilma Rousseff toma posesión como presidenta do Brasil, a primeira muller en tal cargo.[3]
- Bonaire, Saba e Sint Eustatius adoptan o dólar estadounidense como moeda oficial.
- Entran en dominio público en Portugal e o Brasil as obras de Selma Lagerlöf, Walter Benjamin e F. Scott Fitzgerald.[4]
- Portugal, xuntamente con Alemaña, convértense en membros non permanentes do Consello de Seguridade das Nación Unidas para o bienio de 2011-2012.[5]
- Terremoto de magnitude 6,9 na escala Richter atinxe Arxentina.[6]
- Un atentado contra a igrexa copta no Exipto deixa 21 mortos e 43 feridos.[7]
- 2 de xaneiro
- En España entra en vigor a Nova Lei Antitabaco, que prohibe fumar en calquera espazo público pechado.
- Conxunción entre Xúpiter e Urano.
- 3 de xaneiro
- Distancia mínima da Terra e o Sol, 147 105 562 km
- Até estes días Australia sofre as peores inundacións desde hai 100 anos, deixando unhas 12 vítimas mortais, miles de desaparecidos e, como mínimo, 3.600 refuxiados en centros de evacuación.
- Terremoto de magnitude 7,1 na escala Richter, atinxe Chile.[8]
- Terremoto de magnitude 5,7 na escala Richter sacode Indonesia.[9]
- 4 de xaneiro - Eclipse de sol parcial, visible en Europa, norte de África e oeste de Asia.
- 8 de xaneiro - En Casas Adobes, Arizona, a congresista estadounidense Gabrielle Giffords resulta ferida grave, cando un home tirotea a varias persoas matando polo menos seis, entre elas, o xuíz federal John McCarthy Roll.[10]
- 9 de xaneiro - Sudán do Sur empeza un referendo para independencia que remata o 15 de xaneiro.[11]
- 11 de xaneiro - Os asolagamentos e corrementos de terras provocan máis de 800 mortos no estado do Río de Xaneiro, Brasil.[12]
- 12 de xaneiro - En Chile, prodúcense protestas na rexión de Magallanes, especificamente en Punta Arenas, pola alza do gas por parte do goberno de Chile.
- 14 de xaneiro - Cae derrocado o goberno de Tunisia tras un mes de violentas protestas da poboación. O presidente Zine El Abidine Ben Ali foxe do país e o primeiro ministro Mohamed Ghannouchi asume a presidencia provisionalmente co apoio do Exército.[13]
- 15 de xaneiro
- Cúmprense 10 anos da Wikipedia (na versión en inglés).[14]
- En Tunisia é nomeado presidente interino o até daquelas presidente do Parlamento Fouad Mebazaa, co que se confirma a caída de Ben Ali (exiliado en Arabia Saudita).[15][16]
- 19 de xaneiro - Terremoto de magnitude 7,2 na escala Richter atinxe o suroeste do Paquistán, non houbo vítimas.[17]
- 22 de xaneiro
- A Revolución dos Xasmíns de Tunisia crea unha inestabilidade política rexional e ameaza con derribar algunhas ditaduras do norte de África e Medio Oriente.
- O efecto dominó da Revolución Tunesina chega a Marrocos, Alxeria, Exipto e o Iemen.[18]
- 23 de xaneiro
- A rebelión en Tunisia esténdese a Exipto con fortes protestas.
- Eleccións presidenciais en Portugal, sendo reelecto Aníbal Cavaco Silva para un segundo mandato.[19][20]
- 24 de xaneiro - Polo menos 36 mortos e máis de 100 feridos nun atentado con bomba no Aeroporto Internacional de Domodedovo, en Moscova, Rusia.
- 25 de xaneiro - A familia do presidente exipcio Hosni Mubarak foxe do país no medio das fortes protestas.
- 28 de xaneiro - O «Venres da Ira» en Exipto. Convócanse un millón de mozos ás rúas pola revolución. O fillo do presidente Mubarak foxe do país.
Febreiro

- 2 de febreiro
- O Museo Exipcio do Cairo é albo de ataques vandálicos por parte dos manifestantes anti-Mubarak. Rexistráronse incendios nos xardíns do museo e un total de 70 pezas arqueolóxicas danadas.
- Publícase a primeira edición de The Daily, o primeiro periódico deseñado exclusivamente para a súa visualización no iPad.
- Descubrimento do sistema planetario Kepler-11.
- 3 de febreiro - Comeza o Ano Novo Chinés.
- 4 de febreiro - Protocolo IPv4 esgótase e será substituído polo IPv6 que é capaz de xerar 340 decillóns de combinacións.[21]
- 11 de febreiro - Triunfo da Revolución Exipcia despois de dezaoito días de violentas protestas, Hosni Mubarak renuncia á presidencia do país e deixa o poder en mans das Forzas Militares.[22][23]
- 13 de febreiro - 53º edición dos Grammy Awards.[24]
- 16 de febreiro - Na cidade mexicana de Guadalajara, incéndiase un hotel en construción pertencente á cadea española Riu, rexistrándose un saldo de 2 traballadores mortos e 27 feridos[25]
- 21 de febreiro - En Libia a rebelión popular contra o réxime de Muammar al-Gaddafi, que leva xa varios días, agrávase e parece converterse nunha guerra civil cando se informa de que a aviación militar leal ao réxime bombardeou os manifestantes opositores na capital Trípoli causando polo menos 250 mortos e que unidades do Exército libio se sublevaran uníndose aos rebeldes na cidade de Bengasi e combatendo contra as unidades de elite leais ao réxime.[26]
- 22 de febreiro
- En Christchurch (Nova Zelandia) prodúcese un terremoto de magnitude 6.3, deixando 113 vítimas fatais, 2500 feridos e 228 desaparecidos.[27][28]
- En Libia o país achégase ao caos cando Muammar al-Gaddafi ameaza con masacrar os manifestantes rebeldes nun discurso por televisión, intensificando así a matanza indiscriminada con bombardeos e tiroteos, mentres o seu até daquelas Ministro do Interior se une á revolución contra Gaddafi e fai un chamamento ao Exército para que se una aos rebeldes.[29]
- 23 de febreiro - En Libia consolídase o control das forzas rebeldes sobre as rexións do leste do país, e máis unidades das Forzas Armadas pásanse ao bando rebelde; mentres Gaddafi e os seus leais atrinchéiranse en Trípoli nunha nova escalada do conflito.[30]
- 27 de febreiro - No Teatro Kodak dos Ánxeles (Estados Unidos) realízase a entrega dos Premios Óscar de 2010, para premiar o mellor da industria cinematográfica de Hollywood durante o ano 2010. The King's Speech obtén o Óscar ó mellor filme.
Marzo
- 2 de marzo - Apple Inc. lanza o iPad 2, a segunda xeración de seu tablet.[31]
- 8 de marzo
- A Galipedia cumpre 8 anos de historia.
- 10 persoas morreron e 110 ficaron feridas durante conflitos relixiosos entre musulmáns e cristiáns coptos no Exipto.[32]
- 11 de marzo - O terremoto de Sendai, de 9,0 graos, e o posterior tsunami, provocan milleiros de mortes e inmensas perdas materiais, incluídos danos en centrais nucleares, producíndose os accidentes nucleares de Fukushima I.[33]

- 17 de marzo - O Consello de Seguridade das Nacións Unidas aproba unha zona de exclusión aérea sobre Libia. Francia anuncia unha intervención aérea contra as forzas de Gaddafi.[34]
- 18 de marzo
- A misión espacial MESSENGER entra en órbita arredor de Mercurio.
- A misión New Horizons alcanza a órbita de Urano despois dunha viaxe de 5 anos.[35]
- 19 de marzo
- Unha alianza de países, amparados pola Resolución 1973 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, ataca en Libia as forzas de Gaddafi.[36]
- Exipto celebra un referendo constitucional. Gaña o «si» co 77,27% dos votos.
- Despois de 18 anos, a Lúa chega ao seu perixeo (superlúa), o seu punto máis próximo da Terra, fenómeno acontecido por última vez en marzo de 1993.[37][38][39]
- 23 de marzo - En Portugal, José Sócrates dimite como primeiro ministro ao non conseguir apoio para o novo plan de recortes consensuado coa Unión Europea.[40]
- 31 de marzo - En Costa do Marfil as forzas rebeldes que apoian o presidente electo Alassane Ouattara cercan a capital controlada polas forzas leais ao presidente saínte Laurent Gbagbo, e Ouattara ameaza cun baño de sangue se Gbagbo non se rende.[41]
Abril
- 2 de abril - En España, o presidente do goberno José Luis Rodríguez Zapatero anuncia que non se presentará ás eleccións xerais de 2012, pedíndolle ao partido que convoque primarias para elixir o candidato despois das eleccións municipais do 22 de maio.[42]
- 2 e 3 de abril - En Chile realízase o festival Lollapalooza.
- 4 de abril - Un terremoto de 7.2 graos sacode Mexicali (Baixa California, México).
- 7 de abril
- Mahamadou Issoufu toma posesión como presidente de Níxer
- Asasinato en masa nunha escola municipal de Río de Xaneiro, perpetrado por un exalumno, que resulta na morte de 12 adolescentes. O episodio ficou coñecido como Masacre de Realengo.
- 8 de abril - Portugal pide o rescate do fondo financeiro da Unión Europea, no que tamén participará o Fondo Monetario Internacional.
- 10 de abril - No Perú celébranse as eleccións xerais.
- 11 de abril
- En Costa do Marfil as forzas rebeldes que apoian o presidente electo Alassane Ouattara, con apoio de forzas militares francesas, arrestan o presidente saínte Laurent Gbagbo, póndolle fin aparentemente á Segunda guerra civil de Costa do Marfil.[43]
- Atentado bomba nun metro na cidade de Minsk, Belarús mata 12 persoas e deixa 204 feridos.
- 16 de abril - En Nixeria celébranse eleccións presidenciais, que son gañadas por ampla marxe polo presidente saínte e candidato a reelección Goodluck Jonathan.[44]
- 17 de abril - En Finlandia celébranse eleccións parlamentarias.
- 19 de abril - En Cuba, o presidente Fidel Castro renuncia de maneira definitiva. Seu irmán Raúl Castro convértese no primeiro secretario do Partido Comunista de Cuba.[45]

- 28 de abril - Atentado en Marrakech (Marrocos) ocasionando a morte de 17 persoas.

- 29 de abril - Casamento real do Príncipe William e Kate Middleton.
Maio
- 1 de maio
- Beatificación de Xoán Paulo II.
- Foi encontrada a primeira caixa negra do voo 447.[46]
- 2 de maio
- Foi encontrada a segunda caixa preta do voo 447.
- Estados Unidos de América anuncia a morte de Osama bin Laden nun tiroteo en Paquistán debido a un asalto de tropas de elite estadounidenses.[47]
- No Canadá celébranse eleccións parlamentarias e o primeiro ministro Stephen Harper é reelecto ao obter o seu partido a maioría absoluta.[48]
- 5 de maio - No Reino Unido celébranse eleccións rexionais e municipais, e un referendo para consultar a aprobación dunha reforma do sistema electoral parlamentario para pasar do tradicional sistema uninominal por maioría simple ou relativa e unha soa volta a outro máis proporcional coas minorías; a reforma é rexeitada por esmagadora maioría popular.[49]
- Supremo Tribunal Federal recoñece, por unanimidade, os dereitos das parellas gais no Brasil e é permitida a unión estable entre homosexuais.
- 6 de maio - No País Vasco, o partido político Bildu, relacionado coa esquerda abertzale, poderá concorrer ás eleccións municipais despois de que o Tribunal Constitucional ratificase as súas listas.[50]
- 7 de maio - Nas illas Canarias conclúe a III Edición da ultramaratón de montaña da illa de La Palma, a Transvulcania e Miguel Heras consegue o novo récord desta carreira.[51]
- 9 de maio - En Grecia, a crise financeira da débeda soberana acrecéntase ante os rumores dun novo rescate. As bolsas de toda Europa baixan ante a incerteza.[52]
- 10 de maio - Última misión do Space Shutlle Endeavour con acoplaxe na ISS para instalar o espectrómetro Alfa para investigar a materia negra do espazo.
- 11 de maio - En Lorca rexístranse dous terremotos, de 4,4 e 5,2 graos na escalade Richter. Provocan 9 mortos, importantes danos materiais e a evacuación de 20 000 persoas.[53]
- 12 de maio
- John Demjanjuk é condenado polo tribunal alemán pola morte de máis de 28 mil xudeus na Alemaña Nazi.
- Comezan os protestas por mellorías na educación no Chile.
- 13 de maio - En Charsadda (Paquistán), o grupo terrorista Tehrik-i-Taliban Pakistan realiza atentados terroristas en represalia pola morte de Bin Laden. Polo menos 88 mortos.[54]
- 14 de maio
- En Nova York, a policía local detén o francés Dominique Strauss-Kahn (director xerente do Fondo Monetario Internacional), por delitos sexuais (entre eles intento de violación) contra a empregada dun hotel.[55]
- Final da LVI Edición do Festival de Eurovisión en Düsseldorf (Alemaña). Gaña o grupo de Azerbaidján Eldar Gasimov e Nigar Jamal que lle dá a primeira vitoria ao país no festival.
- 15 de maio - Manifestacións do movemento Democracia Real Xa en toda España.[56]
Manifestación do 15 de maio na Porta do Sol en Madrid. - 16 de maio
- O Fiscal Xefe da Corte Penal Internacional, Luis Moreno Ocampo, solicita aos maxistrados desa corte unha orde de arresto internacional contra o líder libio Muammar al-Gaddafi, un dos seus fillos e o xefe da intelixencia libia por delitos de lesa humanidade contra o pobo libio.[57]
- En Italia conclúe a primeira rolda das eleccións municipais parciais.[58]
- O Transbordador Espacial Endeavour engala na súa vixésima quinta e derradeira misión espacial.[59]
Engalaxe do transbordador Endeavour.
- 18 de maio - Na provincia arxentina de Río Negro, o voo 5428 de Sol Líneas Aéreas estrélase causando 22 mortos.
- 20 de maio - O programa de La Sexta, Sé lo que hicisteis..., tras máis de cinco anos en antena, emitía o seu programa número 1010, o último.
- 21 de maio - O volcán Grímsvötn entra en erupción en Islandia.[60]
- 22 de maio - En España celébranse eleccións autonómicas e municipais.
- 25 de maio
- No Iemen a crise política pola rebelión popular contra o presidente Ali Abdullah Saleh sofre unha grave escalada e ameaza converterse nunha guerra civil cando se libran violentos combates na capital Sana entre as forzas de seguridade leais ao goberno e milicias tribais partidarias da oposición, ocupando estas últimas varias sedes do goberno.[61][62]
- En Estados Unidos finaliza o programa The Oprah Winfrey Show, despois de permanecer 25 anos en emisión.[63]
- 26 de maio - En Serbia é arrestado Ratko Mladić, o último dos máis importantes criminais de guerra das Guerras Iugoslavas que quedaba en liberdade; espérase a súa entrega ao Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia para ser xulgado por crimes contra a humanidade.[64][65][66]
- 28 de maio
- En Londres, Inglaterra, o Fútbol Club Barcelona gaña a súa cuarta Liga de Campións da UEFA ante o Manchester United no Wembley Stadium.
- 28 de maio - Alfredo Pérez Rubalcaba é elixido candidato do PSOE á presidencia do goberno, días despois da renuncia de Carme Chacón a presentarse ás primarias que debían celebrarse.[67]
- 29 de maio - Crise do cogombro de 2011. En Alemaña aparecen casos de infección por Escherichia coli. As autoridades xermanas culpan unha partida de cogombros proveniente de España, o que provoca unha crise do sector agrícola en España.
- 30 de maio - En Italia conclúe a segunda rolda das eleccións municipais parciais.[68]
Xuño
- 1 de xuño
- 2 de xuño - Eduardo Souto de Moura recibe o premio Pritzker en Washington, D.C.[71]
- 3 de xuño - No Iemen o presidente Ali Abdullah Saleh resulta ferido nun ataque das forzas rebeldes tribais contra o Palacio Presidencial, en medio da recrudescencia dos combates.[72][73][74]
- 4 de xuño
- Volcán chileno Puyehue entra en erupción. As cinzas chegaron á cidade arxentina de Bariloche.[75]
- 5 de xuño
- Portugal celebra eleccións parlamentarias anticipadas para elixir o goberno; a centro-dereita do Partido Socialdemócrata obtén unha ampla vitoria, polo que o seu líder Pedro Passos Coelho será primeiro ministro.[76][77][78]
- Segunda volta das eleccións presidenciais do Perú.[79] O vencedor é Ollanta Humala.[80]
- En Macedonia do Norte celébranse eleccións parlamentarias anticipadas; triunfa a centro-dereita do partido VMRO-DPMNE, liderado polo primeiro ministro Nikola Gruevski.[81]
- O presidente do Iemen, Ali Abdullah Saleh viaxa a Arabia Saudita para tratamento médico debido ao ataque no palacio presidencial e transfírelle o poder ao seu Vicepresidente, Abd al-Rab Mansur al-Hadi.[82]
- 7 de xuño - Ocorre a maior erupción solar rexistrada pola NASA. Especialistas dixeron que esa radiación non afectaría o planeta.[83]
- 9 de xuño
- Desde a Base Vandenberg en Santa Bárbara, California, a NASA e a CONAE pon en órbita o satélite arxentino SAC-D Aquarius, que medirá a salinidade de todos os océanos do planeta.
- 12 de xuño - En Turquía celébranse eleccións parlamentarias e o primeiro ministro islamista moderado Recep Tayyip Erdoğan é reelecto ao obter o Partido da Xustiza e o Desenvolvemento maioría absoluta. Con todo, non chegou á maioría necesaria para cambiar a Constitución do país sen ter que chegar a acordos coa oposición.[84][85][86]
- 13 de xuño - En Italia os electores derogan en referendos varias normas, entre elas a que pretendía reimplantar a enerxía nuclear no país e a que lle brindaba inmunidade xudicial ao primeiro ministro.[87]
- 15 de xuño - Eclipse lunar total, visible principalmente en África, a India, e Oriente Medio.[88]
- 16 de xuño - Mobilización estudantil en Chile de 2011: outra gran xornada de mobilizacións no país. En Santiago prodúcese a maior concentración civil desde o retorno á democracia, con entre 80 e 130 mil manifestantes nas rúas.[89]
- 19 de xuño - En España realízase unha convocatoria de manifestacións de Democracia Real Xa! e o Movemento 15-M.
- 21 de xuño - Pedro Passos Coelho toma posesión como primeiro ministro de Portugal.[90]
- 24 de xuño - Croacia entra na Unión Europea.[91]
- 26 de xuño
- Na Arxentina, descende por primeira vez na súa historia o Club Atlético River Plate á Primeira B Nacional.
- Inicio da VI Copa do Mundo de Fútbol Feminino en Alemaña.[92]
- 27 de xuño
- A Corte Penal Internacional ordena o arresto xudicial preventivo do líder libio Muammar al-Gaddafi, dun dos seus fillos e do xefe da intelixencia militar libia (cuñado de Gadafi) por delitos de lesa humanidade contra o pobo libio.[93]
- En Camboxa iníciase ante o Tribunal de Camboxa (unha corte especial con apoio internacional) o xuízo contra os líderes sobreviventes do movemento comunista maoísta dos Khmer vermellos polo xenocidio camboxano no que foron asasinadas até 2 millóns de persoas.[94][95]
- 28 de xuño - Google lanza a súa rede social Google Plus nunha fase preliminar de probas.
- 29 de xuño - Grecia vota un paquete de medidas para evitar a quebra económica. O país encóntrase sumido en protestas.[96]
- 30 de xuño - Prodúcese a segunda gran protesta das mobilizacións estudantís en Chile, reunindo entre 80 e 200 mil persoas.[97][98]
Xullo


- 1 de xullo
- Marrocos realiza un referendo para aprobar unha reforma constitucional que diminúe o poder do rei, cedéndollo ao Primeiro Ministro, e que daría liberdade relixiosa á poboación, entre outros asuntos. Gañou o si, cunha ampla participación.[99]
- En España, a policía realiza a Operación Saga contra a SGAE. Detén o director Teddy Bautista e 8 directivos por delitos societarios e de apropiación indebida.[100]
- Inicia a Copa América de Fútbol na Arxentina.[101]
- Inicia a presidencia de Polonia na Unión Europea.[102]
- Eclipse solar parcial ao largo da costa da Antártida.
- 2 de xullo - Casamento do príncipe Alberte de Mónaco con Charlene Wittstock.[103]
- 3 de xullo - En Tailandia celébranse eleccións parlamentarias e triunfa o partido Puea Thai con maioría absoluta, polo que a súa candidata Yingluck Shinawatra será primeira ministra.[104][105]
- 5 de xullo
- A axencia de clasificación de risco Moody's baixa a nota da débeda portuguesa de Baa1 ao Ba2, o que supón unha perda de confianza dos mercados nos bonos de débeda pública portuguesa, agravando aínda máis a crise que sofre o país.[106]
- Detéctase o roubo do Códice Calixtino, dos arquivos da Catedral de Santiago.
- 6 de xullo - É decidida a cidade sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2018 polo Comité Olímpico Internacional en Durban, Suráfrica. A cidade escollida foi Pyeongchang, Corea do Sur.[107]
- 7 de xullo
- En Londres, o periódico sensacionalista News of the World anuncia que, debido a un escándalo de escoitas telefónicas, cesa a súa actividade. Iníciase así unha tormenta política que salpica Scotland Yard e o goberno do Reino Unido.
- En Lyubertsy, a 20 km de Moscova (Rusia), o astrónomo afeccionado ruso Leonid Elenin (1981–, descubridor en 2010 do cometa Elenin) descobre o cometa P/2011 NO1.
- 9 de xullo - Sudán do Sur declara a súa independencia.[108][109]
- 10 de xullo - Iníciase a 14.ª Gymnaestrada Mundial en Lausana, Suíza, con 55 países dos 5 continentes.[110]
- 11 de xullo - Inaugurada a cidade de Kilamba, na Provincia de Luanda, en Angola.[111]
- 13 de xullo - Un avión LET L-410, da NOAR Linhas Aéreas cae no Recife, minutos despois de saír do Aeroporto dos Guararapes, matando as 16 persoas a bordo.[112]
- 15 de xullo - Italia aproba un plan de axuste de 79 000 millóns de euros[113] e aumenta a incerteza sobre a crise da Eurozona.
- 19 de xullo - O presidente de Guinea, Alpha Condé, escapa ileso dun atentado contra a súa vida perpetrado por militares rebeldes que atacaron a súa residencia con artillaría pesada e armas automáticas.[114][115][116]
- 20 de xullo
- En Serbia é arrestado Goran Hadžić, o último criminal de guerra buscado polo Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia que quedaba en liberdade e expresidente da desaparecida República Serbia de Krajina (Estado de facto).[117][118]
- En España, Francisco Camps (presidente da Generalitat Valenciana) dimite para defender a súa inocencia no caso Gürtel.[119]
- Crise alimentaria no Corno de África: a Organización das Nacións Unidas declara formalmente a existencia dunha situación de fame negra en dúas rexións do sur de Somalia controladas polo grupo terrorista Al-Shabbaab (vinculado a Al Qaeda) e reclama unha acción urxente para evitar que a fame se estenda ao resto do sur somalí e poida pór en perigo a millóns de persoas.[120]
- 21 de xullo - Ponse fin ás viaxes en transbordadores espaciais coa aterraxe do Atlantis na súa última misión.

- 22 de xullo - En Noruega prodúcense dous ataques terroristas coordinados cando unha potente explosión sacode edificios gobernamentais na capital Oslo mentres na illa Utøya un pistoleiro ataca unha reunión política na que participaba o primeiro ministro Jens Stoltenberg. Os ataques deixan 77 mortos.[121][122][123][124][125]
- 25 de xullo - Truong Tan Sang toma posesión como presidente de Vietnam
- 27 de xullo ao 7 de agosto - No barrio Rinkeby, nos suburbios de Estocolmo (Suecia) celébrase o 22º Jamboree mundial (reunión internacional de Scouts), co lema «simplemente escultismo».
- 28 de xullo - No Perú asume o novo presidente Ollanta Humala, para o período 2011-2016.[126]
- 29 de xullo - En Colombia empeza a Copa Mundial de Fútbol Sub-20.
- 30 de xullo - Despois de meses de negociacións, o Congreso dos Estados Unidos aproba o aumento do límite de débeda para evitar unha moratoria.[127]
Agosto

- 2 de agosto - Nos Estados Unidos de América, o Senado aproba o acordo para subir o teito de gasto público dese país, evitando que o goberno entrara en suspensión de pagos.[128]
- 3 de agosto - En Exipto comeza o xuízo contra o expresidente Hosni Mubarak polos asasinatos e intentos de asasinato de máis de 800 manifestantes durante a rebelión popular que o derrocou. De considerarse culpable, podería ser condenado a morte.[129]
- 4 de agosto - A Organización das Nacións Unidas declara oficialmente a fame negra noutras tres zonas de Somalia co que son xa cinco as rexións somalís afectadas, e alerta que en cuestión de semanas a fame estenderase a todas as rexións do sur de Somalia ameazando a 12 millóns de persoas.[130]
- 6 de agosto - Inícianse disturbios en Londres, onde grupos de mozos se enfrontan á policía e saquean locais[131]
- 13 de agosto - En Italia, Silvio Berlusconi aproba o plan de axuste de gasto máis restritivo da Unión Europea até o momento: entre outras medidas, botará 54 000 empregados da administración estatal e atrasará a idade de xubilación nas mulleres.[132]
- 14 de agosto - Na Arxentina celébranse por primeira vez as eleccións primarias, abertas, simultáneas e obrigatorias, establecidas pola Lei 26.571.
- 16 ao 21 de agosto - En Madrid (España) celébrase a XXVI Xornada Mundial da Xuventude presidida polo papa Bieito XVI.[133][134]
- 19 de agosto
- A OTAN informa que matou nun dos seus ataques aéreos a Abdullah Senussi, xefe dos servizos secretos libios e cuñado de Muammar al-Gaddafi, e buscado como Gaddafi pola Corte Penal Internacional. Posteriormente verifícase que a información era incorrecta, e Senussi foi arrestado ao ano seguinte en Mauritania.[135][136]
- Activista indio Anna Hazare inicia a súa folga de fame como forma de protesta contra a corrupción no goberno da India.[137]
- 20 de agosto - En Colombia finaliza a Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de 2011.
- 21 de agosto - En Libia as forzas rebeldes toman o control de case toda a cidade capital de Trípoli no medio da sanguenta batalla decisiva da guerra civil que sacode o país; os rebeldes tamén fan prisioneiro polo menos un fillo do líder Muammar al-Gaddafi, cuxo paradoiro é descoñecido.[138][139][140]
- 22 de agosto - Continúa a encarnizada batalla por Trípoli, as forzas rebeldes libias loitan para dobregar a feroz resistencia das últimas forzas leais a Muammar al-Gaddafi na capital, mentres o líder libio continúa oculto para evitar a súa captura.[141][142]
- 23 de agosto
- En Virxinia, Estados Unidos, prodúcese un sismo de magnitude 5.8, ás 1:51 PM EDT (17:51 UTC).[143][144]
- En Libia, despois de intensos combates as forzas rebeldes logran conquistar Bab al-Azizia, o complexo residencial de Muammar al-Gaddafi e último baluarte importante da resistencia gaddafista en Trípoli, aínda que os combates proseguen no resto da cidade.[145][146][147]
- As acusacións contra Dominique Strauss-Kahn son arquivadas.[148].
- 24 de agosto
- Steve Jobs deixa a presidencia da Apple Inc.[149]
- Terremoto de 7,0 na Escala Richter atinxe Perú.[150]
- Fortaleza de Muammar al-Gaddafi en Trípoli, capital de Libia, é tomada por rebeldes.[151]
- 24 e 25 de agosto - Gran protesta nacional en Chile en apoio ás protestas estudantís, convocada pola Central Unitaria de Traballadores. O 25 de agosto, no contexto do paro nacional, morre baleado por un carabinero Manuel Gutiérrez, un rapaz de 16 anos que se encontraba observando o cacerolazo que ocorría no seu barrio.[152]
- 25 de agosto - En México ocorre un Atentado en Monterrey consistente nun incendio e masacre dentro do Casino Royale deixando como vítimas 52 persoas causado polos Zetas.[153]
- 26 de agosto - No Xapón o primeiro ministro Naoto Kan anuncia a súa renuncia, que producirá efecto cando o seu partido elixa o seu sucesor.[154]
- 28 de agosto
- O furacán Irene toca terra en Carolina do Norte, e pon en alerta toda a costa leste dos Estados Unidos. Aínda que os danos foron menores do esperado, faleceron un total de 46 persoas.[155]
- Anna Hazare acaba a súa folga de fame despois de 12 días despois de conseguir un acordo co goberno da India.[156]
Setembro


- 1 de setembro
- En México, Manlio Fabio Beltrones toma posesión como presidente da Xunta de Coordinación Política do Senado da República, Emilio Chuayffet Chemor como presidente da mesa directiva da Cámara de Deputados e José González Morfín como presidente da mesa directiva do Senado da República.
- Tony Tan Keng Yam tórnase presidente de Singapur.
- 2 de setembro
- Yoshihiko Noda toma posesión do cargo de Primeiro Ministro do Xapón.
- Un avión CASA C-212 Aviocar estrélase preto da Illa Robinson Crusoe, no arquipélago Juan Fernández (Chile), provocando a morte de 21 persoas, entre elas o popular presentador Felipe Camiroaga e o empresario e filántropo Felipe Cubillos.
- Terremoto de 6,4 na Escala Richter atinxe a cidade Santiago del Estero da Arxentina.[157]
- 3 de setembro - Dominique Strauss-Kahn retorna a Francia.[158]
- 5 de setembro - Christine Lagarde, directora do Fondo Monetario Internacional advirte sobre o risco dunha recesión económica global e inminente. Isto provoca a caída dos principais mercados bolsistas do mundo.[159]
- 6 de setembro
- Carol Bartz é destituída do cargo de CEO do Yahoo!.[160]
- Avión con 9 pasaxeiros cae na Amazonia boliviana deixando só un sobrevivente achado 60 horas despois.[161]
- 7 de setembro
- Accidente do Yak-42 do Lokomotiv Yaroslavl.[162]
- Os Senados de Italia e de España aproban paquetes de medidas para controlar os seus orzamentos debido á crise na zona do euro.[163]
- Na India, un atentado bomba no edificio da Suprema Corte de Nova Delhi deixa 11 mortos e 76 feridos.[164]
- 8 de setembro
- Somalia asina un acordo para realizar eleccións dentro dun ano para axilizar unha transición gobernamental.[165]
- Tempestade tropical Lee atinxe costa leste dos Estados Unidos provocando inundacións e 3 mortes.[166]
- Terremoto de magnitude 4,2 na Escala Richter atinxe Holanda. O epicentro foi a 48 km ao sur de Apeldoorn e a 96 km a sueste de Ámsterdam.[167]
- En Chile danse novas protestas polo defensa do sistema educativo.[168]
- Nos Estados Unidos, un apagamento afecta os estados de Arizona, California e o norte do México, deixando 2 millóns de persoas sen enerxía eléctrica.[169]
- Debido ás altas taxas de desemprego, o presidente Barack Obama presenta un plan para a creación de empregos.[170]
- 9 de setembro
- Terremoto de magnitude 6,7 na escala Richter atinxe a illa de Vancouver, Canadá.[171]
- Astrónomos descobren un planeta que non pode ser visto desde a Terra debido á formación de seu sistema solar de orixe. O planeta recibiu o nome de Kepler-19c.[172]
- Interpol emite orde de prisión para o expresidente de Libia, Muammar al-Gaddafi, por crimes contra a humanidade.[173]
- Manifestantes exipcios invaden a embaixada de Israel no Cairo e, debido a isto, o embaixador israelí deixa o país.[174]
- Nike lanza unha edición limitada do modelo de tenis usado polo personaxe Marty McFly, que foi interpretado polo actor Michael J. Fox no filme Regreso ó futuro II de 1989.[175]
- Comeza a 7ª Copa do Mundo de Rugby masculino na Nova Zelandia.[176]
- 10 de setembro
- Unha balsa con 500 pasaxeiros afunde preto da illa de Zanzíbar na Tanzania e deixa 163 mortos.[177]
- A Nasa lanza 2 satélites idénticos para estudar a Lúa.[178]
- En Brasilia, unha cápsula usada para transportar material radioactivo foi encontrada en área residencial. Segundo a CNEN non houbo risco de contaminación.[179]
- Foi encontrado un paquete sospeitouse nunha porta de embarque do Aeroporto de Dulles en Washington causando a evacuación completa do lugar. Logo, as autoridades declararon que o obxecto era inofensivo.[180]
- 11 de setembro
- Nas eleccións presidenciais de Guatemala Otto Pérez queda no primeiro lugar co 36,1 % dos votos, pero ao non obter maioría absoluta terá que ir a unha segunda volta co que quedou en segundo lugar, Manuel Baldizón, co 22,68% dos votos.[181]
- Bouzaid Dorda, xefe de espionaxe durante o réxime do expresidente Muammar al-Gaddafi, é preso por rebeldes libios en Trípoli.[182]
- As forzas de seguridade exipcias invaden a sede da rede de TV Al Jazeera no Exipto.[183]
- Debido á crise económica, o Euro ten o seu menor valor fronte ao Ien desde a súa creación hai 10 anos.[184]
- 12 de setembro
- Prodúcese unha explosión no complexo nuclear de Marcoule en Francia, na que falece unha persoa.[185][186]
- Crise financeira grega: O goberno de Grecia advirte que os fondos públicos só teñen para pagar nóminas de funcionarios e pensións até outubro.[187]
- Leila Lopes, Miss Angola, é electa Miss Universo 2011 durante a 60ª edición do evento realizado en São Paulo, Brasil.[188]
- En Kenya, un incendio provocado por unha explosión nun posto de gasolina deixa 100 mortos.[189]
- Novak Djokovic vence o US Open de tenis.[190]
- O FMI libera un préstamo de 3,4 mil millóns de dólares a Portugal debido á crise económica na zona do euro.[191]
- Astrónomos europeos anuncian a descuberta de 50 novos planetas. Un dos planetas, bautizado de HD 85512b, pode conter auga en estado líquido.[192]
- 13 de setembro
- Acontece o Accidente ferroviario de Flores de 2011 involucrando dous trens e un autobús deixando 11 mortos e máis de 200 feridos.[193]
- Microsoft presenta a nova versión do seu sistema operacional, o Windows 8, para computadoras e tablets.[194]
- Ataques do movemento fundamentalista talibán á embaixada dos Estados Unidos e ao cuartel xeral da OTAN en Cabul en Afganistán deixa 6 mortos e 20 feridos.[195]
- Na India, enchentes deixan 16 mortos e máis de 100 mil desabrigados.[196]
- 14 de setembro
- 15 de setembro
- Un terremoto de magnitude 7,2 na Escala Richter atinxe a rexión das Illas Fidxi.[198]
- Un terremoto de magnitude 6,0 na Escala Richter atinxe a illa de Cuba.[199]
- A misión Kepler da NASA descobre un planeta que orbita ao redor de dúas estrelas.[200]
- Helle Thorning-Schmidt convértese na primeiro muller en assumir o cargo de primeira ministra en Dinamarca.[201]
- Na Arxentina, unha nova colisión entre tren, autobús e camión deixa 90 feridos.[202]
- 16 de setembro - O Consello de Transición Nacional é recoñecido pola ONU como novo goberno de Libia.[203]
- 17 de setembro - Comezan as protestas do movemento titulado Occupy Wall Street.
- 19 de setembro
- A axencia de clasificación de risco Standard & Poor's rebaixa a nota da débeda de Italia de A+ para A.[204]
- Terremotos de magnitude 4,8 e 5,8 na Escala Richter atinxen Guatemala e deixan 3 mortos.[205]
- 18 de setembro - Terremoto de Sikkim de 2011.[206]
- 20 de setembro
- Mahmud Abbas, presidente da Autoridade Nacional Palestina, pide á ONU que recoñeza Palestina como membro de pleno dereito, o que choca coa oposición de Israel e Estados Unidos.[207]
- Na Alemaña, un tren sofre un descarrilamento e deixa 50 feridos.[208]
- 21 de setembro
- O Tifón Roke afecta ao Xapón e a rexión da central nuclear de Fukushima.[209]
- Dilma Rousseff, presidente do Brasil, tórnase na primeira muller en faxer o discurso de apertura da Asemblea Xeral da ONU.[210]
- 22 de setembro
- No Brasil, nunha escola da cidade de São Caetano do Sul, na rexión do ABC paulista, o estudante David Mota Nogueira de 10 anos, tirotea a profesora Rosileide Queiros de Oliveira e logo mátase cun tiro na testa.[211]
- Michael Sata é electo 5.º presidente de Zambia.[212]
- Científicos do CERN din ter observado neutrinos (unha partícula subatómica) viaxando máis rápido que a luz.[213]
- 23 de setembro
- Fanse públicos os resultados do Proxecto OPERA no cal se conseguiu que feixes de neutrinos superen a velocidade da luz.[214]
- Comeza a 4.ª edición do Rock In Rio de Río de Xaneiro.
- 24 de setembro
- Na Alemaña, un home disparou arma de ar comprimido contra persoal de seguridade durante unha misa realizada polo papa Bieito XVI.[215]
- O satélite UARS, desactivado por falta de combustible, caeu na terra no océano Pacífico Cerca da illa da Samoa Americana despois de 20 anos analizando a capa de ozono.[216]
- 25 de setembro
- No Nepal, un avión cae matando todos os 19 pasaxeiros.[217]
- Terremoto de magnitude 5,0 na Escala Richter atinxe Xapón.[218]
- Na Indonesia, un ataque suicida nunha igrexa deixou 17 feridos.[219]
- En Libia, son encontrados os restos mortais de 1.270 persoas matadas por tropas de Muammar al-Gaddafi en xuño de 1996. O evento ficou coñecido como Masacre da Prisión de Abu Salim.[220]
- Realizouse a última corrida de touros en Cataluña na Praza Monumental de Barcelona.[221]
- O rei Abdullah bin Abdulaziz de Arabia Saudita recoñece o dereito a voto da muller e tamén o dereito de ser elixida en comicios.[222]
- 27 de setembro - Terremoto de magnitude 3,4 na Escala Richter sacode a illa de El Hierro totalizando 8 mil tremores en 2 meses causando a evacuación da illa.[223]
- 28 de setembro
- 29 de setembro - Ás 13:16 GMT China lanza o primeiro módulo de laboratorio espacial Tiangong 1, non tripulado, xermolo da futura estación espacial chinesa que proxectan construír para 2020.[226][227]
Outubro
- 2 de outubro - España estabeleceu relacións diplomáticas con Kiribati, tendo agora relacións diplomáticas con todos os outros 192 Estados membros da ONU.[229]
- 4 de outubro - Apple Inc. lanza o iPhone 4S, quinta xeración do seu smartphone.[230]
- 5 de outubro - Steve Jobs falece despois de 6 semanas de afastamento da Apple Inc.[231]
- 6 de outubro - Terremoto de magnitude 6,2 na Escala Richter atinxe o norte da Arxentina.[232]
- 7 de outubro - En Costa Rica empezan as choivas que xerarán a Catástrofe humanitaria de Centroamérica de outono de 2011, con máis de 80.000 damnificados.
- 8 de outubro
- Sismo de magnitude 6,0 na Escala Richter atinxe a illa de Tonga.[233]
- Chuvia de meteoros das Dracónidas.[234][235]
- 9 de outubro
- En Polonia celebráronse elección xerais.
- Erupción submarina na illa de El Hierro, nas Illas Canarias.[236]
- A Rexión Autónoma de Madeira ten eleccións lexislativas rexionais.[237]
- 10 de outubro
- A comunicación a través dos BlackBerry córtase en todo o mundo; reestablécese 3 días despois.[238]
- Terremoto de magnitude 5,6 na Escala Richter atinxe a rexión de Fukushima no Xapón.[239]
- 11 de outubro - A ex primeira ministra de Ucraína e líder opositora Yuliya Tymoshenko é condenada a 7 anos de prisión tras ser declarada culpable dun delito de abuso de poder, impedíndolle presentarse como candidata á Rada Suprema ao ano seguinte.
- 13 de outubro
- Lanzamento da versión "11.10 Oneiric Ocelot" do sistema operativo Ubuntu.[240]
- Avión Dash 8 da Airlines cae en Papúa-Nova Guinea, deixando 28 mortos.[241]
- 14 de outubro
- En Guadalajara, inícianse os Xogos Panamericanos de 2011, que acabaran o día 30.
- Terremoto de magnitude 6,8 na Escala Richter atinxe Papúa-Nova Guinea.[242]
- 16 de outubro
- 19 de outubro - Comeza a retirada das tropas francesas de Afganistán.[245]
- 20 de outubro
- ETA anuncia o cesamento definitivo da actividade armada.[246]
- Morte de Muammar al-Gaddafi en Sirte a mans das forzas rebeldes, dando por finalizada a Guerra Civil Libia e a súa ditadura que durou algo máis de 42 anos.[247]
- Terremoto de magnitude 3.9 na Escala Richter atinxe San Francisco (California).[248]
- 21 de outubro - Lánzanse os dous primeiros satélites do Sistema de navegación Galileo dirixido pola Unión Europea.
- 23 de outubro
- En Turquía un terremoto de 7.2 graos sacode a cidade de Van, deixando como vítimas 726 mortos e máis de 1100 desaparecidos.[249][250]
- Na Arxentina celébranse as eleccións presidenciais.[251][252]
- O satélite alemán ROSAT lanzado en 1990 cae na Terra.[253]
- Tunisia realiza eleccións para formar asemblea constituínte despois de 9 meses da revolución que derrubou o expresidente Zine El Abidine Ben Ali logo de 23 anos no poder.[254]
- 27 de outubro - En Tunisia, o partido islámico Ennahda vence nas eleccións para a asemblea constituínte co 41,47% dos votos.[255]
- 28 de outubro - Terremoto de magnitude 6,9 na escala richter atinxe Perú.[256]
- 30 de outubro
- 31 de outubro
Novembro
- 1 de novembro - Despois do acordo alcanzado coa Unión Europea, o primeiro ministro de Grecia convoca en referendo os seus concidadáns para saber se están de acordo coas medidas para resolver a crise da débeda grega.[262]
- 2 de novembro - Terremoto de magnitude 4,0 na escala Richter atinxe a illa española El Hierro.[263]
- 3 de novembro - China realiza a súa primeira manobra de acoplamento espacial coa nave Shenzhou 8.[264]
- 3 ao 4 de novembro - En Francia realízase o Cumio do G-20 de Cannes
- 4 de novembro - En Colombia é abatido o líder das Farc 'Alfonso Cano'.
- 6 de novembro
- Gelson Domingos da Silva, cámara da TV Bandeirantes foi asasinado por traficantes durante unha reportaxe na favela de Antares, en Santa Cruz, na Zona Oeste do Río de Xaneiro.[265]
- Otto Pérez vence na segunda volta das eleccións para a presidencia de Guatemala.[266]
- Daniel Ortega é reelecto presidente de Nicaragua.[267]
- Rexístrase un sismo de magnitude 5,6 no estado de Oklahoma, nos Estados Unidos, sen deixar vítimas.[268]
- 8 de novembro
- 9 de novembro
- 10 de novembro
- O traficante Antônio Bonfim Lopes tamén coñecido como "Nem", un dos máis procurados do Río de Xaneiro, é apresado pola policía militar durante unha operación na favela da Rocinha.[273]
- 11 de novembro
- Lukas Papademos substitúe a Yorgos Papandreu como primeiro ministro grego.[274]
- Michael D. Higgins toma posesión como presidente de Irlanda.
- O premio Nobel de Química en 2005, Richard R. Schrock, estivo de visita en Fisterra invitado polo físico baiense Jorge Mira.[275]
- 12 de novembro - Silvio Berlusconi dimite como Presidente do Consello de Ministros de Italia.[276]
- 13 de novembro
- Unha operación militar sen conflitos na favela da Rocinha, que é considerada a maior da América latina, realizada por forzas de seguridade en conxunto torna a comunidade a 19° pacificada da cidade de Río de Xaneiro.
- En Osetia do Sur, son realizadas as primeiras eleccións presidenciais desde o recoñecemento da súa independencia por parte de Rusia despois da guerra entre Moscova e Tbilisi en 2008.[277]
- 15 de novembro - A prima de risco xerada polo pago da débeda soberana española alcanza máximos históricos, xunto á italiana, superando a española os 458 puntos de diferenza coa alemá.[278]
- 16 de novembro - Terremoto de magnitude 5,7 na Escala Richter sacude o Ecuador.[279]
- 19 de novembro - Saif al-Islam, fillo do ex-ditador libio Muammar al-Kadhafi, é capturado no sur de Libia.[280]
- 20 de novembro - Eleccións Xerais 2011 en España. Mariano Rajoy Brey, presidente do goberno español.[281][282][283][284]
- 21 de novembro
- 22 de novembro - Terremoto de magnitude 6,2 na Escala Richter atinxe Bolivia sen causar danos.[287]
- 23 de novembro
- En Arabia Saudita, o presidente do Iemen, Ali Abdullah Saleh, asina un acordo coa oposición polo que transfire todos os seus poderes ao seu vicepresidente e acepta retirarse para dar paso á transición á democracia. Con isto preténdese poñerlle fin á violencia xerada pola represión á rebelión popular contra Saleh.[288][289][290]
- No Brasil, tras a vertedura de 3 mil barrís de petróleo na Bacía de Campos, ao norte do Estado do Río de Xaneiro, a compañía petrolífera Chevron é multada con R$ 78 millóns e prohíbeselle continuar coas súas actividades.[291]
- 25 de novembro - Kamal Ganzouri asume o cargo de primeiro ministro de Exipto.[292]
- 26 de novembro - A NASA lanza a nave Mars Science Laboratory, tamén chamada Curiosity, coa misión de estudar a existencia de vida en Marte.[293][294]
- 27 de novembro
- Mohamed Basindawa é nomeado novo primeiro ministro interino do Iemen para formar novo goberno.[295]
- Eclipse solar parcial ocorre na Antártica.[296]
- En Marrocos, o partido islámico PXD vence nas eleccións parlamentarias.[297]
- En Colombia, o sarxento Luis Alberto Erazo secuestrado en 1999, consegue escapar do cativeiro das Farc.[298]
- 28 de novembro
- Empeza a XVII Conferencia da ONU sobre Cambio Climático en Durban, Suráfrica, co obxectivo de prorrogar o Protocolo de Kyoto.[299]
- En Exipto celébranse as primeiras eleccións desde a caída do ex-ditador Hosni Mubarak.[300]
- 29 de novembro
- Ataque á Embaixada Británica en Irán.
- Conrad Murray, médico persoal de Michael Jackson, é condenado a 4 anos de prisión pola morte do cantante Michael Jackson en xuño de 2009.[301]
- 30 de novembro - O expresidente de Costa do Marfil, Laurent Gbagbo, recentemente derrocado, é extraditado do seu país aos Países Baixos para ser xulgado pola Corte Penal Internacional por presuntos crimes de lesa humanidade. Trátase do primeiro exjefe de estado que será xulgado pola CPI desde a creación deste tribunal internacional.[302]
Decembro
- 3 de decembro
- Astrónomos descobren 18 novos planetas fóra do Sistema Solar.[303]
- Debido á escaseza de chuvias en Alemaña, o nivel do río Rin na cidade de Koblenz baixa e revela unha bomba da segunda guerra mundial, causando a evacuación de 45 mil persoas ao seu redor.[304]
- Herman Cain, pre-candidato polo partido republicano á presidencia dos Estados Unidos, desiste da súa candidatura tras denuncias de acoso sexual feitas por mulleres coñecidas do candidato.[305]
- 4 de decembro
- O goberno italiano de Mario Monti aproba o primeiro paquete de medidas anticrise que supoñen uns duros recortes para a poboación, entre eles, aumentar a cotización das pensións aos 42 anos.[306]
- En Rusia celébranse eleccións parlamentarias e o partido Rusia Unida do primeiro ministro Vladimir Putin obtén a vitoria ao conservar a maioría absoluta. Con todo, a vitoria vese empanada por unha considerable redución de votos e escanos para Rusia Unida en comparación coas eleccións anteriores, e por denuncias de fraude electoral que orixinan protestas na rúa.[307]
- En Croacia celébranse eleccións parlamentarias e triunfa a oposición socialdemócrata de centro-esquerda.[308]
- En Eslovenia celébranse eleccións parlamentarias, e un partido opositor de centro-esquerda gaña pero sen obter maioría absoluta.[309]
- 5 de decembro - O expresidente de Costa do Marfil, Laurent Gbagbo comparece por primeira vez ante a Corte Penal Internacional para responder por crimes de lesa humanidade, nun feito histórico ao ser o primeiro ex xefe de estado que comparece en audiencia xudicial como acusado ante esta corte. Gbagbo quéixase de maltratos contra el e a súa familia por parte de militares franceses durante a súa captura e cativerio en Costa do Marfil.[310]
- 7 de decembro
- Michele Zagaria, líder do clan Casalesi, é preso en Italia tras ser encontrado nun búnker subterráneo na súa cidade natal, Casapesenna. Michele estaba foraxido desde había 16 anos e era un dos criminais máis buscados.[311]
- Al-Saadi al-Gaddafi, fillo do ex-ditador Muammar al-Kadhafi, é preso ao tentar entrar en México.[312]
- 9 de decembro - En Bruxelas conclúe o histórico cumio europeo destinado a tomar medidas para salvar o euro e solucionar a grave crise de débeda soberana dos países da Unión Europea. Acórdanse drásticas medidas de disciplina fiscal para reducir as débedas dos estados europeos e así calmar os mercados financeiros, pero o cumio vese empanado pola negativa do Reino Unido de participar no acordo, quedando illado do resto da Unión.[313][314]
- 10 de decembro
- En Rusia celébranse as manifestacións de protesta máis multitudinarias desde a fin da Unión Soviética; os manifestantes protestan pola presunta fraude electoral nas recentes eleccións parlamentarias e contra o goberno de Vladimir Putin.[315]
- O estudante Ross Truett Ashley de 22 anos da Universidade Radford, entra armado na Universidade Virginia Tech, tirotea e mata un oficial da policía e suicídase logo.[316]
- En Filipinas, un avión bimotor cae sobre unha escola e deixa 13 mortos e 20 feridos.[317]
- Eclipse lunar total, visible principalmente en Asia, Australia e Alasca.[318]
- Salomón Lerner Ghitis renuncia do cargo de primeiro ministro do Perú.[319]
- 11 de decembro
- No Panamá chega ao país o exditador panameño Manuel Antonio Noriega, extraditado por Francia (onde cumpriu condena por branqueo de cartos); Noriega ten pendentes varias condenas ditadas en ausencia pola xustiza panameña por asasinatos de opositores do seu réxime e outros crimes de lesa humanidade, e ademais debe enfrontar acusacións por outros delitos.[320]
- Termina o COP 17 en Durban en Suráfrica coa creación dun novo acordo para a redución de emisións de gases invernadoiro até 2015 e a renovación do Protocolo de Kyoto até 2017.
- Terremoto de magnitude 6.5 sacode a rexión de Guerrero, en México.[321]
- En votación histórica, a poboación do estado do Pará vota e decide non dividir o estado en 3 estados:Pará, Carajás e Tapajós sendo 66,8% e 66,3% dos votos contra a creación de cada estado respectivamente.[322]
- 13 de decembro - En Bélxica, Nordine Amrani de 33 anos, dispara tiros cun rifle e lanza granadas nunha praza no centro da cidade de Liexa deixando 5 persoas mortas (el incluído) e 123 feridas.[323]
- 14 de decembro - Terremoto de magnitude 7,3 sacode Papúa-Nova Guinea.[324]
- 15 de decembro
- Goberno dos Estados Unidos declara a fin da guerra do Iraq despois de 9 anos de actuación militar no país.[325]
- En Exipto celébrase a segunda fase das eleccións lexislativas.[326]
- 18 de decembro - Estados Unidos culmina a retirada de Iraq, os últimos 500 militares estadounidenses cruzan a fronteira con Kuwait pola mañá, despois de ter entregado a súa última base a militares iraquís dous días antes.[327][328]
- 19 de decembro - En Corea do Norte, o réxime dá a coñecer a morte do até entón ditador do país Kim Jong-il, acaecida dous días antes; a nova sementa incerteza e temor pola estabilidade da rexión asiática, aínda que en principio o fillo do falecido líder, Kim Jong-un, sucede a seu pai.[329][330]
- 22 de decembro - En Iraq varios atentados terroristas na capital, Bagdad, deixan polo menos 71 mortos e decenas de feridos. Os atentados foron reivindicados días despois polo grupo fundamentalista islámico sunnita Estado Islámico de Iraq, vinculado a Al Qaeda, e tiveron como obxectivo aos islámicos xiítas, facendo temer un rexurdir da guerra civil sectaria no país.[331][332]
- 23 de decembro
- En Siria atentados terroristas na capital, Damasco, deixan polo menos 44 mortos e mentres o goberno llos atribúe á rede terrorista Al Qaeda, a oposición atribúellos ao propio goberno para desacreditar os opositores. Isto ocorre mentres recrúa a violencia no país pola represión ás protestas contra o presidente Bashar al-Assad e polos enfrontamentos armados entre militares leais ao réxime e militares desertores rebeldes, arrastrando o país á guerra civil.[333]
- En Dosquebradas (Colombia), a explosión dun oleoduto deixa 15 vítimas e máis de 90 feridos (traxedia de Dosquebradas de 2011). As causas atribúense ao roubo ilegal de combustible na zona.[334]
- Sismo de magnitude 5,8 sacode Nova Zelandia.[335]
- 24 de decembro - En Rusia celébrase unha segunda onda de manifestacións multitudinarias de protesta contra o primeiro ministro Vladimir Putin e a presunta fraude electoral nas eleccións parlamentarias; as protestas son máis concorridas que as da vez anterior e as máis grandes en vinte anos.[336]
- 25 de decembro
- En Nixeria varios atentados coordinados contra igrexas católicas (en plenas celebracións relixiosas de Nadal) deixan polo menos 49 mortos e máis dun centenar de feridos. Os atentados atribúenselle ao grupo fundamentalista islámico nixeriano Boko Haram, en guerra contra o goberno do país.[337]
- En Afganistán un atentado terrorista suicida nun funeral deixa polo menos 20 mortos e decenas de feridos; o atentado ocorre en momentos nos que operacións das forzas militares e policiais afgás e das forzas internacionais mataran polo menos 30 guerrilleiros.[338]
- 26 de decembro - En Guinea-Bissau é aparentemente sufocado un confuso intento de golpe de Estado, con versións encontradas dos militares enfrontados e un baleiro de poder temporal ante a incerteza do paradoiro do primeiro ministro e a ausencia do presidente (de viaxe polo estranxeiro).
- 27 de decembro
- 29 de decembro - No norte de Iraq morren polo menos 35 civís iraquís de etnia kurda ao ser bombardeados por erro pola Forza Aérea Turca que os confundiu con guerrilleiros do Partido dos Traballadores do Kurdistán (grupo guerrilleiro que loita pola independencia do Kurdistán Turco) que estarían intentando cruzar a fronteira de Iraq con Turquía.[342]
Remove ads
Mortes
- Artigo principal: Categoría:Finados en 2011.
Xaneiro
- 2 de xaneiro - Pete Postlethwaite, actor británico (n. 1946).
- 4 de xaneiro - Gerry Rafferty, cantante e compositor británico (n. 1947).
- 5 de xaneiro - Francisco Río Barxa, xeógrafo e escritor galego (n. 1919).
- 10 de xaneiro - María Elena Walsh, escritora e cantautora arxentina (n. 1930).
- 10 de xaneiro - Juanito Navarro, actor español (n. 1924).
- 16 de xaneiro - Augusto Algueró, compositor español (n. 1934).
- 24 de xaneiro - Alfonso Vilar Lamelas, escultor galego (n. 1927).
- 27 de xaneiro - Paco Maestre, actor español (n. 1957).[343]
Febreiro
- 3 de febreiro - Maria Schneider, actriz francesa (n. 1952).
- 4 de febreiro - Martial Célestin, primeiro ministro de Haití (n. 1913).
- 8 de febreiro - Juan Luis Dalda, urbanista e profesor galego (n. 1944).
- 12 de febreiro - Jesús García Calvo, avogado e empresario galego (n. 1921).
- 19 de febreiro - Florinda Chico, actriz española (n. 1926).
- 20 de febreiro - José Luis Martín Vigil, escritor español (n. 1919).
- 25 de febreiro - José Conde, actor español (n. 1955).[344]
- 27 de febreiro - Amparo Muñoz, modelo e actriz española (n. 1954).

Marzo
- 2 de marzo - Enrique Curiel, político galego (n. 1947).
- 4 de marzo - Simon van der Meer, neerlandés, Premio Nobel de Física en 1984 (n. 1925).
- 8 de marzo - Mike Starr, músico estadounidense, baixista de Alice in Chains (n. 1966).[345]
- 16 de marzo - Josefina Aldecoa, escritora e pedagoga española (n. 1926).
- 23 de marzo - Elizabeth Taylor, actriz norteamericana (n. 1932).
- 25 de marzo - Valentín Arias, escritor e tradutor galego (n. 1934).
Abril

- 9 de abril - Sidney Lumet, director de cine norteamericano (n. 1924).
- 30 de abril - Ernesto Sabato, escritor arxentino (n. 1911).
- 25 de abril - María Isbert, actriz española (n. 1917).[346]
- 25 de abril - Gonzalo Rojas, poeta chileno (n. 1917).[347]
Maio

- 1 de maio - Osama bin Laden, multimillonario saudita fundador e cabeza de al Qaida (n. 1957).
- 5 de maio - Dana Wynter, actriz alemá (n. 1931).
- 7 de maio- Johnny Albino, cantante portorriqueño, integrante de Los Panchos (n. 1919).[348]
- 7 de maio - Severiano Ballesteros, golfista español (n. 1957).
- 25 de maio - Leonora Carrington, pintora surrealista e escritora mexicana (n. 1917).
- 27 de maio - Antonio Díaz Fuentes, avogado e político galego (n. 1935).
- 27 de maio - Gil Scott-Heron, poeta e músico estadounidense (n. 1949).
- 29 de maio - Ferenc Mádl, político húngaro, presidente entre 2000 e 2005 (n. 1930).
Xuño
- 1 de xuño - Manolo Otero, cantante español (n. 1942).[349]
- 2 de xuño - Geronimo Pratt, activista político estadounidense (n. 1947).
- 7 de xuño - Jorge Semprún, escritor, político e cineasta español (n. 1923).
- 3 de xuño - Jack Kevorkian, patólogo armenio-estadounidense (n. 1928).
- 10 de xuño - Juan Farias, escritor galego en lingua castelá (n. 1935).
- 11 de xuño - Eliyahu M. Goldratt, físico israelí, gurú da consultoría de empresas (n. 1948).
- 20 de xuño - Ryan Dunn, actor (Jackass) (n. 1977).[350]
- 23 de xuño - Peter Falk, actor estadounidense (n. 1927).
Xullo


- 2 de xullo - Itamar Franco, político brasileiro, presidente entre 1992 e 1994 (n. 1930).
- 5 de xullo - Gordon Tootoosis, actor de ascendencia cree e nakoda (n. 1941).
- 8 de xullo - Adolfo Sánchez Vázquez, filósofo e escritor español (n. 1915).
- 9 de xullo - Facundo Cabral, cantautor arxentino (n. 1937).[351]
- 17 de xullo - Juan María Bordaberry, expresidente do Uruguai (n. 1928).
- 20 de xullo - Lucian Freud, pintor xermano-británico (n. 1922).
- 22 de xullo - Tom Aldredge, actor estadounidense (n. 1928).
- 23 de xullo - Amy Winehouse, cantante e compositora xudeu-británica (n. 1983).
- 26 de xullo - Joe Arroyo, cantante e compositor colombiano (n. 1955).
- 27 de xullo - Agota Kristof, escritora húngara (n. 1935).
- 30 de xullo - Eliseo Alberto, escritor e periodista cubano (n. 1951).[353]
- 30 de xullo - Mario Echandi Jiménez, político de Costa Rica, presidente entre 1958 e 1962 (n. 1915).
Agosto
- 10 de agosto - Serafín Moralejo, historiador da arte galego (n. 1945).
- 27 de agosto - Heribert Barrera, científico e político catalán (n. 1917).
Setembro
- 7 de setembro - Josef Vašíček, xogador de hóckey sobre xeo checo (n. 1980), xunto con 43 persoas máis nun accidente aéreo.
- 8 de setembro - Virxilio Fernández, pintor galego (n. 1925).
- 11 de setembro - Andy Whitfield, actor galés (n. 1972).[354]
- 22 de setembro - Aristides Pereira, político de Cabo Verde (n. 1923).
- 26 de setembro - Wangari Maathai, activista e política kenyana (n. 1940).
Outubro
- 5 de outubro - Steve Jobs, inventor e empresario informático estadounidense (n. 1955).
- 7 de outubro - Ramiz Alia, político albanés, presidente (1991-1992) (n. 1925).
- 8 de outubro - Mikey Welsh, músico estadounidense (n. 1971).[355]
- 12 de outubro - Dennis Ritchie, estadounidense cofundador de Unix e creador da linguaxe “C” (n. 1941).[356]
- 20 de outubro - Muammar al-Gaddafi, xefe de Estado de Libia dende 1969 até 2011 (n. 1942).
- 21 de outubro - Sultan bin Abdul Aziz, príncipe de Arabia Saudita (n. 1928).
- 23 de outubro - Marco Simoncelli, piloto de motociclismo italiano (n. 1987).
- 23 de outubro - Herbert A. Hauptman, matemático americano, Premio Nobel de Química 1985 (n. 1917).
Novembro
- 8 de novembro - Tomás Segovia, escritor español (n. 1927).
- 20 de novembro - Javier Pradera, escritor e xornalista español.
Decembro
- 1 de decembro - Christa Wolf, escritora alemá (n. 1929).
- 17 de decembro - Cesária Évora, cantante caboverdiana (n. 1941).
- 17 de decembro - Kim Jong-il, presidente da República Democrática Popular de Corea (n. 1942).
- 18 de decembro - Václav Havel, escritor e político checo (n. 1936).
- 19 de decembro - Samba Martine, muller migrante finada nun Centro de Internamento de Estranxeiros.
Remove ads
Día das letras galegas dedicado a:
Premio Nobel
No ano de 2011, as seguintes persoas foron contempladas co premio:
Remove ads
Outros
- Ano Mundial Veterinario.[357]
- Ano Internacional da Química (Asemblea Xeral das Nacións Unidas a proposta de Etiopía.[358])
- O Bicentenario da República de Paraguai.
- O Ano Internacional dos Bosques, segundo a ONU.[359]
- O Ano Internacional dos Afrodescendentes, segundo a Asemblea Xeral da ONU.[360]
- O Ano do Centenario de Machu Picchu para o Mundo segundo o Goberno do Perú.
- O Ano Internacional do Alzheimer, en España[361]
- O Ano Internacional da Televisión, no Canadá, Venezuela e a Arxentina.
- O Ano do Coello, segundo o horóscopo chinés.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads