![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4e/Boeing_787_N1015B_ANA_Airlines_%252827611880663%2529_%2528cropped%2529.jpg/640px-Boeing_787_N1015B_ANA_Airlines_%252827611880663%2529_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
Boeing 787
avión de pasaxeiros / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Boeing 787 Dreamliner é un avión de pasaxeiros bimotor, de tamaño medio, fuselaxe ancha e longo alcance desenvolvido por Boeing. Tras cancelar o seu proxecto Sonic Cruiser, Boeing anunciou o convencional 7E7 o 29 de xaneiro de 2003, centrado na eficiencia. O programa lanzouse o 26 de abril de 2004 cun pedido da aeroliña xaponesa All Nippon Airways (ANA), co obxectivo de ser introducido en 2008. Pode transportar entre 210 e 330 pasaxeiros, dependendo da configuración de asentos, e ademais está deseñado para ser máis eficiente no uso de combustible que outros avións, consumindo un 20% menos que o Boeing 767, dun tamaño semellante. O Boeing 787 será o primeiro avión en usar composites na meirande parte da súa construción.
Boeing 787 | |
---|---|
![]() Boeing 787 de All Nippon Airways,o seu primeiro cliente | |
Tipo | pasaxeiros |
Fabricante | Boeing |
Primeiro voo | 15 de decembro do 2009 |
Introducido | 26 de outubro do 2011 (con ANA) |
Estado | en produción |
Principais usuarios | All Nippon Airways Japan Airlines American Airlines United Airlines |
Produción | 2007 - presente |
Unidades construídas | 1 006 (decembro de 2021) |
Custo unitario | 787-8: 206,8 millóns de dólares (2012) 787-9: 243,6 millóns de dólares (2012) |
A súa designación inicial de 7E7 foi cambiada a 787 en xaneiro do 2006, e o primeiro exemplar foi presentado sen os sistemas principais nunha cerimonia celebrada o 8 de xullo do 2007, na fábrica de Boeing en Everett, Washington, momento no cal xa se convertera no avión de fuselaxe ancha máis vendido na historia con 677 pedidos. Tras múltiples atrasos o prototipo realizou o seu voo de estrea o 15 de decembro de 2009. O avión recibiu a súa certificación en agosto de 2011, e o primeiro exemplar foi entregado a ANA o 25 de setembro do 2011, realizando o seu primeiro voo comercial o 26 de outubro dese ano. En outubro do 2011, 797 Boeing 787s foran encargados, dos cales 531 eran da variante 787-8 e 266 da 787-9.
O avión sufriu problemas dende que entrou en servizo, e está a ser revisado pola FAA e a axencia xaponesa de aviación. O 16 de xaneiro a FAA emitiu unha directiva de aeronavegabilidade que deixaba en terra a todos os 787 dos Estados Unidos. A EASA, o Ministerio de Transporte xaponés, a Dirección Xeral de Aviación Civil da India (DGCA), e a Dirección Xeral de Aeronautica Civil de Chile (DGAC) fixeron o mesmo e deixaron en terra aos Dreamliners nas súas respectivas xurisdicións[1][2].