![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4d/Boreus_hyemalis_female.jpg/640px-Boreus_hyemalis_female.jpg&w=640&q=50)
Boreidae
From Wikipedia, the free encyclopedia
Boreidae (boreidos) é unha familia moi pequena de insectos mecópteros, que só contén unhas 30 especies, todas as cales son boreais ou son especies de montaña do hemisferio norte.
Boreidae | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Boreus hiemalis | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Xéneros | |||||||||
|
Son insectos pequenos (normalmente de 6 mm ou menos), coas ás reducidas a sedas ou ausentes, e de corpo algo comprimido, lembrando pulgas. Normalmente están activos durante os meses de inverno, cara á transición á primavera e as larvas e adultos aliméntanse xeralmente de musgos. Os adultos dispérsanse a miúdo entre as áreas reprodutoras camiñando entre a neve. Os machos usan as súas ás con forma de sedas para agarrar a femia polo dorso durante o apareamento, mentres que as ás das femias son vestixiais como pequenas almofadas ovais e incapaces de servir para voar. Os adultos teñen un longo rostro formado polo clípeo, o labro, as xenas, e os maxilo-labios.
A temperatura corporal e, por tanto, o nivel de actividade destes insectos depende da súa absorción de radiación de lonxitude de onda curta máis que da tempertura do aire que os rodea (a cal non os afecta). A capa fronteiriza de neve que ocupa o insecto ten unha condutancia térmica moi baixa, polo que o insecto perde a súa propia calor moi lentamente alí. Este delicado equilibrio entre o frío e a calor significa que o animal pode morrer facilmente pola calor cando se mantén sobre unha man humana.[1]
Algúns estudos propuxeron que os parentes máis próximos deste grupo son as pulgas (Siphonaptera), o que faría que Mecoptera fose parafilético. Isto foi discutido por outros estudos, que atoparon que os Nannochoristidae son os que están máis próximos ás pulgas.[2]