escritor, músico, tradutor e enxeñeiro francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Boris Vian, nado en Ville-d'Avray (Altos do Sena) o 10 de marzo de 1920 e finado en París o 23 de xuño de 1959, foi un escritor, poeta, cantante e músico francés, que tamén escribiu co pseudónimo de Vernon Sullivan. A súa obra foi decotío controvertida. Aínda que tanto as súas dez novelas como as súas actuacións de jazz foron moi admiradas. Foi simpatizante do anarquismo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Boris Paul Vian 10 de marzo de 1920 Ville-d'Avray, Francia |
Morte | 23 de xuño de 1959 (39 anos) VII Distrito de París, Francia |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | cemiterio de Ville d'Avray |
Q3473988 | |
11 de maio de 1953 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | École Centrale de Paris (pt) (1939–1942) Lycée Hoche (pt) (–1935) Liceo Condorcet |
Actividade | |
Campo de traballo | Artes escénicas, música, Drama, xornalismo, tradución, Actuación, crítica literaria, pintura, actividade literaria e Prosa |
Ocupación | poeta , crítico musical , crítico literario , músico de jazz , prosista , cantante , escritor , actor , músico , guionista , dramaturgo , pintor , trompetista , cantautor , tradutor , libretista , enxeñeiro , xornalista |
Empregador | AFNOR (en) (1942–1946) |
Membro de | |
Xénero artístico | Jazz |
Movemento | Zazou (en) |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Bison Ravi Eugène Minoux Gédéon Molle Thomas Quan Odile Legrillon Otto Link Amélie de Labmineuse Josèfe Pignerole Vernon Sullivan Anna Tof de Raspail Adolphe Schmürz Anna Tof Lydio Sincrazi Claude Varnier Onuphre Hirondelle Hugo Hachebuisson S. Culape Aimé Damour Xavier Clarke Andy Blackshick Zéphirin Hanvélo Michel Delaroche Gérard Dunoyer Fanaton Joëlle Du Beausset Bison Duravi Jules Dupont Boriso Viana |
Lingua | Lingua francesa |
Instrumento | Trompeta e voz |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Ursula Kübler (1954–1959) Michelle Vian (1941–1952) |
Parella | Hildegard Knef |
Fillos | Patrick Vian () Michelle Vian Carole Vian () Michelle Vian |
Irmáns | Alain Vian |
Cronoloxía | |
1952 | divorcio |
5 de xullo de 1941 | Voda (Saint-Vincent-de-Paul church (en) ) |
Premios | |
Páxina web | borisvian.org |
|
Naceu nun suburbio de París. Na súa contorna familiar a arte era unha cuestión importante. A súa nai era unha amante da ópera, e o seu pai era multifacético: poeta afeccionado e tradutor de inglés e alemán, á parte de interesarse pola mecánica e a electrónica. Tamén do seu pai vén a forte tendencia anti-militarista e atea.
Na adolescencia comezou a sufrir problemas de saúde: un ataque de reumatismo cardíaco e logo febre tifoide. Foi un estudante excepcional, se ben os seus intereses máis serios neses momentos xiraban en torno ó jazz e as festas. Con 20 anos xa formaba parte dunha orquestra afeccionada de jazz xunto ós seus irmáns, onde sobre todo interpretaban obras de autores norteamericanos.
Obtivo o título de enxeñeiro en 1942, e un ano despois escribiu as súas primeiras novelas: Trouble dans les Andains e Vercoquin e o plancto. Nesta última vense reflectidas as súas actividades reais, como o seu traballo na Asociación Francesa de Normalización e a organización de desmesuradas festas –as chamadas surprises-parties–. Festas delirantes, alcohol, sexo e crítica á burocracia, todo mesturado cun estilo persoal onde o absurdo e o grotesco sempre están presentes.
Nos anos seguintes repartiu o seu tempo en diferentes actividades: ademais de novelas, comezou a escribir contos, algúns publicados en Les Temps Modernes, –invitado por Jean-Paul Sartre-, onde tamén escribiu crónicas e críticas de aspectos sociais. No periódico Combat –dirixido por Albert Camus–, abordou a crítica de jazz. En 1946 escribiu dúas novelas: A escuma dos días e L'automne à Pékin.
Tamén en 1946 publicou Cuspirei sobre as vosas tumbas, a súa primeira novela co pseudónimo de Vernon Sullivan, suposto escritor norteamericano de cor negra, e o seu nome real figuraba como tradutor da mesma. Esta obra e as seguintes, dentro do estilo da novela negra, foron censuradas polo seu contido de violencia e sexo, co seu conseguinte aumento na notoriedade e vendas. Logo de anos de xuízos contra o suposto autor e o seu editor, Vian terminou recoñecendo a súa autoría. Mentres tanto xa publicara catro novelas co pseudónimo. A crítica sentiuse ofendida por esta impostura, e a partir dese momento o autor recibiu ataques constantes, non só contra as súas novelas como Sulivan, senón tamén contra a súa obra ‘seria’.
Amais de frecuentar á intelectualidade existencialista daqueles tempos, no club Saint-Germain-des-Prés, coñeceu ós grandes do Jazz como Duke Ellington, Miles Davis ou Charlie Parker.
Deixou finalmente a súa profesión de enxeñeiro, e paralelamente ás súas principais actividades, adicouse a traducir novelas negras (esta vez de autores reais), e a dar palestras sobre temas diversos.
En 1950 publica L'herbe rouge, considerada unha das súas obras máis autobiográficas.
Logo sobrelevou varios fracasos literarios, sobre todo en 1953 coa publicación de L'arrache-cœur. Vian decidiu deixar de lado a narrativa e se preocupou por outras artes: compuxo unha ópera e varias cancións, coas que chegou a gravar un disco e saír de xira. Unha das súas cancións volveu provocar o rexeitamento da crítica e o público, Le Déserteur, que incitaba a non cumprir co servizo militar, en tempos en que Francia estaba en problemas coa súa ocupación alxerina e outras incursións militares.
En 1955 encara unha nova actividade. Philips (empresa de discografía) encoméndalle realizar un catálogo de jazz, e tempo despois pasa a ser o director artístico da compañía. Ó ano seguinte actúa en varias películas, gañando unha delas a Palma de Ouro no Festival de cine de Cannes, pero ese ano tamén significou a súa recaída nos problemas de saúde, esta vez cun edema pulmonar, que se volvería a repetir tempo despois.
A súa saúde deteriorábase cada vez máis, o que implicou que realizara varios retiros para mellorar a súa condición. Malia iso non deixou de escribir cancións e participar en películas.
Boris Vian vendeu os dereitos da novela J'irai cracher sur vos tombes para unha adaptación cinematográfica. Aínda que inicialmente estivo encargado do guión, tras diversas pelexas coa produtora, o director e o guionista, Vian quedou á marxe do proxecto, e tivo que concorrer de incógnito ó preestrea da película. Talvez debido ás contrariedades destes feitos e sumado ó seu precario estado de saúde, ó pouco de comezar a proxección faleceu dun fallo cardíaco.
Anos despois da súa morte obtería o merecido recoñecemento do público e a crítica, chegando a venderse miles de exemplares das súas obras.
Entre outras:
Entre un montón delas, as máis importantes son:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boris Vian |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.