From Wikipedia, the free encyclopedia
Os británicos[8] son os cidadáns do Reino Unido, dos Territorios Británicos de Ultramar das dependencias da Coroa e os seus descendentes.[9][10] A lei nacional británica é a que goberna ás persoas de cidadanía e nacionalidade británica, que pode ser adquirida, por exemplo, por ser descendente de británico. Cando o termo é usado nun contexto histórico pode refererirse ós britanos celtas, os habitantes indíxenas de Gran Bretaña e Bretaña, cuxos superviventes son os modernos pobos galés, córnico e bretón.[10]
Pobo británico | |
---|---|
Tapiz medieval que amosa ó Rei Artur, un antigo gobernante britano protagonista da Materia de Bretaña, un mito nacional empregado como propaganda das orixes ancestrais da Familia real británica e dos súbditos británicos. | |
Poboación | |
Poboación total: Británicos 65 600 000 Diáspora 140 millóns[1] | |
Rexións principais: | |
Reino Unido | 57 678 000[2] |
Estados Unidos | 40 234 652 - 72 065 000[3] |
Canadá | 12 134 745[4] |
Australia | 9 031 100[5] |
Hong Kong | 3 400 000[6] |
Nova Zelandia | 2 425 278[7] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Inglés (córnico, guernésiais, irlandés, jèrriais, manx, escocés, gaélico escocés e galés) |
Relixión | Comuñón Anglicana (tradicionalmente), así como outros protestantismos |
Malia que as primeiras identificacións como británicos datan da Baixa Idade Media, non foi até a creación do Reino de Gran Bretaña[11][12][13][14][15] en 1707 cando xurdiu o sentido de identidade nacional británica.[16] A noción británica forxouse durante as guerras napoleónicas entre o Reino Unido e o Primeiro Imperio Francés, e desenvolveuse durante a época vitoriana.[16][17] A complexa historia de formación do Reino Unido creou un "sentido particular de nacionalidade e pertenza" en Gran Bretaña e Irlanda;[16] A británica converteuse nunha "identidade superimposta en identidades anteriores", como a inglesa, a escocesa, a galesa e a irlandesa, cuxas particularidades culturais resistiron a homoxeneidade da identidade británica.[18] Por mor das duradeiras divisións etnosectarias, a identidade británica en Irlanda do Norte é controvertida, pero é mantida firmemente polo sector unionista da sociedade.[19]
Os británicos modernos son descendentes de diversos grupos étnicos que se asentaron nas Illas Británicas antes do século XI: poboacións prehistóricas, britanos, romanos, anglosaxóns, nórdicos e normandos.[20] A progresiva unificación política das Illas Británicas facilitou o intercambio migratorio, cultural e lingüístico, ademais dos matrimonios mixtos entre ingleses, escoceses e galeses durante a Idade Media, a Idade Moderna e posterior.[21][22] Dende 1922 produciuse un proceso de inmigración cara ó Reino Unido por xente procedente da República de Irlanda, da Commonwealth, da Europa continental e doutros lugares. Eles e os seus descendentes son maioritariamente británicos, e manteñen unha identidade británica, dobre o dual ou múltiple.[23]
Os británicos son unha sociedade diversa, multinacional[24][25] e multicultural, con "fortes acentos, expresións e identidades rexionais".[26][27] A estrutura social do Reino Unido cambiou radicalmente dende o século XIX, cun declive da relixiosidade, un crecemento da clase media, e a partir da década de 1950, un incremento da diversidade étnica. A poboación do Reino Unido rolda os 62,5 millóns,[28] cunha diáspora de 140 millóns concentrada en Australia, o Canadá, Suráfrica, Hong Kong, Nova Zelandia, os Estados Unidos de América, Irlanda, Francia e España.[29]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.