Academia Británica
academia de humanidades e ciencias sociais / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Academia Británica (en inglés: British Academy) é a academia nacional do Reino Unido para as humanidades e as ciencias sociais, fundada en 1902 e merecedora da Carta Real (Royal Charter) no mesmo ano
Datos rápidos Academia BritánicaBritish Academy, Información xeral ...
Academia Británica British Academy | |
---|---|
Carlton House Terrace, sede da Academia Británica | |
Información xeral | |
Formación | 1902 |
Sede central | Londres Inglaterra Reino Unido |
Orzamento | 60.727.817 £ (2019-2020) |
Sitio web | |
Sitio web da Academia Británica. |
Pechar
A British Academy é unha organización benéfica autónoma, con sede nos números 10 e 11 de Carlton House Terrace, en Londres. Componse de máis dun milleiro de membros, destacados eruditos que abranguen todas as disciplinas das humanidades e das ciencias sociais, e é un organismo para o financiamento de proxectos de investigación en todo o Reino Unido.[1]
O seu financiamento baséase fundamentalmente nunha subvención anual do Departamento de Negocios, Innovación e Talento (BIS). No exercicio 2019-2020 dispuxo dun orzamento de 60.727.817 libras.[2]